- Este mes de xaneiro arrincan os proxectos Regions4Climate e Resist, orientados a planificar e aplicar innovacións reais para construír comunidades europeas máis resilientes aos efectos do cambio climático, en consonancia co Acordo de París e o Pacto Verde Europeo
- Cunha duración de 5 anos e financiado polo Programa Horizonte Europa con máis de 24,5 M€, Regions4Climate terá importantes repercusións socioculturais, económicas e ambientais, prevendo beneficiar a longo prazo a 13,8 millóns de habitantes das 12 rexións pertencentes a este proxecto
Cerceda, a 13 de xaneiro de 2023.- No marco da Misión de Adaptación ao Cambio Climático da UE, este mes de xaneiro é a data de inicio dos proxectos Regions4Climate e Resist, orientados a planificar e aplicar innovacións reais para facer fronte aos retos actuais e previstos relacionados co cambio climático e construír comunidades europeas máis resilientes.
Regions4Climate terá importantes repercusións socioculturais, económicas e ambientais nos cinco anos de duración do mesmo, prevendo que 13,8 millóns de habitantes das 12 rexións pertencentes ao proxecto, se beneficien directamente, e a longo prazo, dos resultados do mesmo, cun potencial de ampliación a uns 746 millóns de persoas que viven en Europa.
En estreita colaboración coas partes interesadas dentro das contornas reais das rexións asociadas, esta iniciativa desenvolverá solucións de resiliencia que inclúan tecnoloxías novas, a súa integración e a súa aplicación en combinación con novos modelos empresariais e políticas innovadoras.
O proxecto Regions4Climate, coordinado por un Centro de Investigación de Finlandia, reúne a 44 socios de 13 países europeos diferentes para demostrar innovacións que melloren a resiliencia da sociedade aos efectos do cambio climático, en consonancia co Acordo de París e o Pacto Verde Europeo.
Baseándose en estratexias intersectoriales creadas por e para as persoas, os socios do proxecto desenvolverán e aplicarán de forma colaborativa novas solucións sociais, tecnolóxicas, dixitais, empresariais, de gobernanza e ambientais para reforzar a capacidade de adaptación e minimizar a vulnerabilidade aos impactos climáticos.
Cunha duración de 5 anos, o proxecto recibiu unha subvención de máis de 24,5 M€ da Comisión Europea no marco do programa de investigación e innovación Horizonte Europa, que aborda o tema «Demostradores a gran escala de resiliencia climática para a creación de valor transfronteirizo».
Fonte: Global Factor
Imaxe: Pexels