- Terá lugar mañá, 5 de febreiro, a partir das 16:00 horas, na aula 130 da Facultade de Física, e correrá a cargo de Veronika Witmann, profesora asociada no Departamento de Historia Moderna e Contemporánea da Universidade Johannes Kepler de Linz, en Austria.
- Constitúe unha das actividades enmarcadas no Máster Universitario en Enerxías Renovables, Cambio Climático e Desenvolvemento Sostible, coordinado polo Prof. Dr. José Antonio Rodríguez Añón.
Cerceda, a 4 de febreiro de 2020.- No marco do Máster Universitario en Enerxías Renovables, Cambio Climático e Desenvolvemento Sostible da Universidade de Santiago de Compostela (MERYCSE), que coordina o Prof. Dr. José Antonio Rodríguez Añón (Departamento de Física Aplicada), mañá, 5 de febreiro, terá lugar un taller sobre sostibilidade e globalización.
Baixo o título “Global Partnerships and the Globalization of Nationalism: The Relevance of the Sustainable Development Goal 17", celebrarase a partir das 16:00 horas, na aula 130 da Facultade de Física da USC, e correrá a cargo de Veronika Witmann, profesora asociada no Departamento de Historia Moderna e Contemporánea da Universidade Johannes Kepler de Linz, en Austria.
MERYCSE é un novo máster que aposta de forma decidida pola innovación en medio ambiente e enerxía a fin de mellorar o posicionamento de Galicia como provedor de servizos de calidade e produtos de alto valor engadido en ambos os dous sectores, sendo un elemento de peso para o desenvolvemento dun estado de benestar global.
Segundo os datos recollidos na ficha deste máster, diferentes informes estiman que, en España, o emprego directo e indirecto en enerxías renovables estaría entre os 60.950 e os 70.750 postos, dos que máis do 60% sería directos.
Saúdos, Departamento de Comunicación