- A iniciativa, que parte da Universidade Juan Carlos de Madrid, ten por obxecto protexer aos grupos máis vulnerables e evitar que baixen á rúa polo risco que isto supón para a súa saúde.
Cerceda, a 1 de abril de 2020.- Mentres dure o confinamento decretado para combater a exposición ao COVID-19, varios estudantes e unha profesora da Universidade Rey Juan Carlos de Madrid idearon unha forma de colaborar cos grupos sociais máis vulnerables. A súa proposta tomou forma co proxecto 'YoTeAyudoConTuBasura', no que colabora o Concello de Madrid.
Por medio desta iniciativa solidaria e sen ánimo de lucro, os mozos voluntarios que participen na mesma deberán deslizar unha folla de información por baixo da porta do seu veciño ou veciña para informarlle de que, se o desexa, a partir dese momento será o voluntario encargado de levar o seu lixo ao punto de recollida.
O obxectivo é “eliminar o risco de contaxio” e, para participar neste programa, os mozos deben respectar en todo momento as indicacións sanitarias e as medidas do Estado de Alarma. Deberán manipular o lixo con luvas, así como o comunicado que deslicen baixo a porta do usuario do servizo e só poderán axudar ás persoas do seu vecindario.
Os promotores confían “nunha gran resposta”, convencidos de que se o proxecto funciona en Madrid, teñen previsto estendelo a outros municipios da Comunidade.
Como explica a profesora García Gil, é o noso momento de axudar a todo o mundo que o necesite e, especialmente ás persoas maiores, que son o principal grupo de risco á hora de ser contaxiados polo coronavirus. “Hai que axudar aos maiores como eles axudáronnos sempre”, afirma, recordando todos os sacrificios que fixeron estas persoas durante toda a súa vida.
Para conseguir a maior participación posible, puxeron en marcha varias canles de comunicación a través das redes sociais, con perfís en Instagram e Twitter. Ademais, dispoñen dun correo electrónico ao que se poden dirixir todas as consultas: yoteayudocontubasura@urjc.es.