- O Simposium, promovido polo Clúster de Enerxías Renovables de Galicia (CLUERGAL) e dirixido por Roberto Carlos González, celebrarase en Vigo, concretamente na sede do Círculo de Empresarios, os días 20, 21 e 22 deste mes
- Un ambicioso programa no que participarán máis de 60 expertos farase eco das principais novidades no ámbito das infraestruturas urbanas, enerxía, parques urbanos, iluminación, mobilidade, sostibilidade e cidades en xeral
- O período de inscrición estará aberto ata este venres, 16 de setembro, e as prazas, que son limitadas, cubriranse por estrita orde de solicitude
Cerceda, a 14 de setembro de 2022.- Vigo, a cidade máis poboada de Galicia, acollerá os próximos días 20, 21 e 22 de setembro o Simposium “Urban Solutions”, unha cita ineludible na que se proporcionarán as claves para avanzar cara á configuración de urbes sostibles e circulares, toda vez que a loita contra o cambio climático, unha das principais ameazas para o planeta, librarase fundamentalmente nas contornas urbanas.
PROGRAMA COAS ÚLTIMAS NOVIDADES
Con tal fin, deseñouse un ambicioso programa https://urbansimposium.com/programa/ no que máis de 60 expertos presentarán novidades no ámbito das infraestruturas urbanas, enerxía, parques urbanos, iluminación, mobilidade, sostibilidade e cidades en xeral, contando coa asistencia de empresas, profesionais e administracións vinculadas ás temáticas referenciadas.
O evento, promovido polo Clúster de Enerxías Renovables de Galicia (CLUERGAL) e dirixido por Roberto Carlos González, terá lugar na sede do Círculo de Empresarios de Galicia, en Vigo. Estrutúrase en oito sesións que estarán protagonizadas por temáticas de plena actualidade no contexto de crise enerxética e de materiais do que ninguén escapa. É o caso da transición enerxética nas cidades, novos modelos enerxéticos en edificios, mobilidade, parques urbanos, infraestruturas urbanas, sostibilidade e iluminación, tanto na súa faceta sostible coma a nivel técnico e de innovación.
De feito, o xerente de CLUERGAL, Oriol Sarmiento, definiu a este Simposium como “Punto de encontro de todo o que teña que ver coas cidades do futuro” e no que se debullarán os distintos aspectos vinculados ao crecemento económico, a protección ambiental, e o benestar e calidade de vida da poboación. Confía en que, nun ano dominado pola incerteza, as consecuencias da guerra de Ucraína, as secuelas da pandemia da COVID-19 e as transformacións en diferentes sectores, se inicie de facto a verdadeira transformación das cidades cara ao desenvolvemento sostible.
Trátase dun obxectivo que tamén comparten o máis de medio cento de empresas, entre as que se atopa Sogama, e entidades sectoriais que colaboran neste encontro, concibido igualmente como punto de intercambio de coñecementos a través dun extenso e variado bloque de relatorios, así como de encontros de networking que enriquecerán en gran medida as distintas xornadas.
PRAZAS LIMITADAS
O período de inscrición estará aberto ata este venres, 16 de setembro, https://urbansimposium.com/evento-cidades-futuro/ e as prazas, que son limitadas, cubriranse por estrita orde de solicitude.
Toda a información en www.urbansimposium.com
Saúdos, Departamento de Comunicación