- Cun carácter teórico-práctico, desenvolverase durante dous días (18 e 19 de novembro).
- A primeira xornada terá lugar no edificio FEUGA de Santiago de Compostela, abordando, coa colaboración de relatores de alto nivel, unha visión científica e empresarial da compostaxe.
- O segundo día contemplará unha visita guiada ás instalacións de TEN e CVAN.
- Enmarcado no programa INTERREG V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020, e liderado pola Universidade do Minho, Res2Valhum aglutina a tres socios galegos (USC, CVAN e Sogama) e outros tantos portugueses, sendo o seu principal obxectivo poñer en valor a materia orgánica e evitar o seu vertido.
Cerceda, a 8 de novembro de 2019.- A Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a empresa CVAN, entidades socias, xunto con Sogama, do proxecto europeo de cooperación transfronterizaRes2ValHum, que lidera a Universidade do Minho, organizan un novo workshop para profundar na valorización da materia orgánica.
Así, e baixo o título “Compostaxe: valorización de residuos de distintas orixes nunha contorna de economía circular”, o evento desenvolverase ao longo de dous días (18 e 19 de novembro).
A primeira xornada, centrada na visión científica do compost e as súas aplicacións, levarase a cabo no Edificio Feuga (Campus Vida) e arrincará cunha presentación que correrá a cargo de Felipe Macías Vázquez e Sarah Fiol López, ambos pertencentes á USC.
Fernanda Proença, Catedrática da Universidade do Minho e responsable do proxecto, dará a coñecer os pormenores do mesmo e o seu estado actual, mentres que Emma Fernández Covelo, Profesora e Doutora na Universidade de Vigo, orientará a súa intervención cara á aplicación de compost para a recuperación de solos.
A sesión de tarde estará dedicada á visión empresarial do proceso de compostaxe e para isto contarase coas achegas de David González Campos, Director Xerente de Tratamentos Ecolóxicos do Noroeste (TEN); Sergio Quiroga Rivero, Director Xerente de Ecocelta Galicia (con sede en Ponteareas); e Xosé Quiroga Troncoso, Director Xerente de Compost Galicia (Leiro).
O peche da xornada virá da man de Felipe Macías García, Director da firma CVAN.
O evento continuará o día 19 cunha visita guiada ás instalacións de TEN e CVAN.
SOBRE RES2VALHUM
Enmarcado no programa INTERREG V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020, Res2ValHum conta tamén coa participación doutros socios portugueses tales como CVR-Centro de Valorización de Residuos-; BRAVAL; e LIPOR (Servizo Intermunicipalizado de Xestión de Residuos de Grande Porto), sendo o seu obxectivo poñer en valor a materia orgánica contida nos residuos e evitar o seu vertido.
Máis información en res2valhum.org
Secretaría Técnica Workshop 19 e 20 de novembro:
República do Salvador, 34-1º A · 15701 Santiago de Compostela
Teléfono 981 574 348. E-mail: congresos@novacongresos.com
Saúdos, Departamento de Comunicación