- Debido ao impacto da pandemia do COVID, nesta ocasión celebraranse vía dixital baixo o título DIXITAL JAI´2020.
- No evento participarán preto de 30 empresas e 75 relatores, contando con máis de 40 horas de conferencias.
- Celebraranse 4 mesas redondas nas que se abordarán cuestións relacionadas coa automatización e robótica na industria 4.0, ciberseguridade industrial e dixitalización do sector alimentario.
Cerceda, a 22 de outubro de 2020.- Un ano máis, a Universidade de Vigo promove as Xornadas sobre Tecnoloxías e Solucións para a Automatización Industrial, que nesta ocasión alcanzan a oitava edición, se ben será a primeira vez que se desenvolvan en formato dixital debido ao impacto da pandemia do COVID-19.
En DIXITAL JAI´2929 participarán preto de 30 empresas e 75 relatores, contando con máis de 40 horas de conferencias. Os contidos abordados nas mesmas orientaranse á difusión formativa e informativa das máis innovadoras e avanzadas tecnoloxías de automatización industrial. E é que, a xuízo dos expertos, toda planta industrial moderna que desexe enfrontar con éxito os retos da crecente globalización e competitividade nos procesos produtivos do seu negocio, debería telas en conta e melloralas de forma continuada, pois estas chegan a ser un factor diferencial de peso.
No marco do programa de conferencias plenarias, celebraranse 4 mesas redondas, organizadas en colaboración con AER Automation e ISA Spain, nas que se tratarán cuestións relacionadas coa automatización e robótica na industria 4.0, ciberseguridade industrial e dixitalización do sector alimentario.
- 26 de outubro: "Automatización e robótica na industria 4.0". Participan directivos de ONROBOT, YASKAWA, PILZ e KUKA.
- 27 de outubro: "Dixitalización no sector Food & Beverage". Participan directivos de DANONE, KELLOGG, AZUCREIRA e TETRAPACK.
- 28 de outubro: "Automatización e robótica na industria 4.0". Participan directiv@ s de FESTO, ROBOTPLUS, UNIVERSAL ROBOTS e EURECAT.
- 29 de outubro: " Ciberseguridad industrial". Participan directiv@ s de ADIF, IBERDROLA, ACCENTURE, TECDESOFT, FORTINET e ESET.
O programa de conferencias e o Showroom virtual "Industria 4.0" (no que intervirán case 40 empresas) só se poderán visualizar mediante rexistro na plataforma Remote Congress do evento.
O obxectivo é que os asistentes a estas xornadas virtuais de toda España e Iberoamérica, que desexen manter ao día e renovar os seus coñecementos nas disciplinas de enxeñería, coñezan de primeira man – presentado por técnicos responsables de produto das empresas multinacionais fabricantes de solucións industriais que son líderes de recoñecido prestixio no seu sector e por profesionais de industrias, institucións e centros tecnolóxicos de recoñecido prestixio na eurorrexión – as tecnoloxías, solucións e tendencias máis modernas no ámbito da automatización e enxeñería de procesos industriais.
Sogama, no marco da ampliación do seu Complexo Medioambiental de Cerceda, puxo en marcha unha nova planta para a recuperación dos materiais contidos no lixo en masa, concibida e desenvolvida en sintonía coa industria 4.0, e que permitirá á compañía gañar en eficiencia e prestacións.
Más información en el teléfono 986812244 y jai@uvigo.es
Fonte e imaxe: UVigo