![La valorización energética es la opción sostenible para los residuos que no se pueden reciclar La valorización energética es la opción sostenible para los residuos que no se pueden reciclar](/sites/default/files/noticias/image/2022-08/Imagen%2520Sogama.jpg)
- Ao mesmo tempo, axuda a manter limpas as correntes de reciclaxe porque as plantas de WtE tratan os refugallos que non reúnen as características técnicas necesarias para ser reciclados, coa particularidade de que producen enerxía que se subministra aos fogares e á industria, substituíndo aos combustibles fósiles.
- Se ben CEWEP mostrou o seu apoio a moitas das medidas recollidas no traballo do Parlamento Europeo sobre o Novo Plan de Acción de Economía Circular, quere alentar aos lexisladores a que adopten un enfoque estructural máis amplo que considere todas as correntes de residuos, non só os urbanos, para avanzar cara a unha economía circular.
Cerceda, a 8 de febreiro de 2021.- Se ben CEWEP (Confederación Europea de Plantas de Valorización Enerxética) manifestou o seu apoio a moitas das medidas recollidas no traballo do Parlamento Europeo sobre o Novo Plan de Acción de Economía Circular, quere alentar aos lexisladores a que adopten un enfoque estructural máis amplo que considere todas as correntes de residuos, non só os urbanos, para avanzar cara a unha verdadeira economía circular.
A organización pon o foco de atención na necesidade de reducir os residuos que acaban en vertedoiros, xa que é beneficioso para todas as fraccións, incluíndo os industriais e comerciais que se poidan reciclar ou recuperar previamente, redundando nunha protección do clima e na sostibilidade.
Considera que estariamos ante unha oportunidade perdida se unicamente se ten en conta o desvío de residuos municipais dos vertedoiros (como se fixo no Paquete de Economía Circular de 2018), toda vez que representan unha pequena parte do volume total de lixo.
Así mesmo, CEWEP móstrase convencida de que reducir a xeración de residuos constitúe un paso esencial no camiño que debe levar á circularidade e que debe facerse, especialmente, a través de medidas cualitativas como o deseño ecolóxico e os cambios nos patróns de consumo, xa que calquera medida cuantitativa ten que avaliarse e medirse coidadosamente.
Para os refugallos que non se poden reciclar, débense garantir capacidades de tratamento seguras. Neste sentido, Waste-to-Energy (WtE) –valorización enerxética- é a opción sostible e hixiénica para estes fluxos de residuos, xa que tratalos en plantas de WtE evita que acaben en vertedoiros.
Ao mesmo tempo, axuda a manter limpas as correntes de reciclaxe porque as plantas de WtE tratan os residuos que non reúnen as características técnicas necesarias para ser reciclados, coa particularidade de que estas instalacións. producen enerxía (electricidade, calor e vapor) que se subministra aos fogares e á industria, reemprazando desta forma aos combustibles fósiles.
CEWEP é a asociación que agrupa aos operadores de plantas de Waste-to-Energy (incineración con recuperación de enerxía), aglutinando 410 plantas de 23 países e que constitúen máis do 80% da capacidade de conversión de residuos en enerxía en Europa.
Fonte: CEWEP