- Sogama subministrou ao concello igual número de composteiros, así como manuais didácticos de apoio.
- Con esta nova partida, e sumadas a outras anteriores, xa son 180 as familias desta localidade as que participarán activamente nesta iniciativa e recuperarán in situ a materia orgánica xerada.
- A día de hoxe, máis dun cento de entidades da provincia de Pontevedra están adscritas ao programa de compostaxe doméstica de Sogama (41 concellos, 55 centros educativos e 5 colectivos sociais), tendo repartido entre as mesmas 5.058 composteiros.
Cerceda, a 23 de julio de 2020.- O concello pontevedrés de Vilanova de Arousa decidiu estender a compostaxe doméstica a 100 novas vivendas co obxectivo de impulsar a reciclaxe da materia orgánica en orixe. Con tal fin, Sogama xa subministrou ao ente local 100 composteiros, de 390 litros de capacidade e fabricados con materiais reciclados e reciclables, así como outros tantos manuais didácticos que serán repartidos entre as familias participantes.
É necesario que, ao igual que en fases anteriores, as vivendas que se incorporen a esta iniciativa sexan unifamiliares e que dispoñan de terreo (horta, xardín ou terras de cultivo) no que aplicar o compost resultante.
Dado que a materia orgánica representa o 42% dunha bolsa de lixo doméstico tipo, se esta porcentaxe se recupera en orixe, evítase o seu depósito no contedor verde convencional, co conseguinte aforro medioambiental e económico.
Con esta nova partida, e sumadas a outras anteriores, un total de 180 familias participarán activamente neste programa, aportando Sogama os medios materiais e divulgativos necesarios para que poida desenvolverse con garantías. De esta forma propíciase que os veciños obteñan un compost de calidade que cumpra con todos os requisitos contemplados na normativa vixente e que poida aplicarse ao solo sen restricións.
Adicionalmente, os interesados teñen a súa disposición un sitio web www.compostaconsogama.gal, a través do cal poden acceder a recursos divulgativos tales como vídeos, xogos e soportes diversos cos que reforzar os seus coñecementos na recuperación da materia orgánica.
A día de hoxe, máis dun cento de entidades da provincia de Pontevedra están adscritas ao programa de compostaxe doméstica de Sogama (41 concellos, 55 centros educativos e 5 colectivos sociais), tendo entre as mesmas 5.058 composteiros.
No conxunto de Galicia, a empresa pública xa repartiu de forma gratuita preto de 14.000 recipientes de estas características.
Saúdos, Departamento de Comunicación