- Impartido pola directora científica de CRETUS, María Teresa Moreira, e o investigador Gumersindo Feijóo, tivo lugar esta mañá na sede de Feuga
Cerceda, a 12 de setembro de 2024.-Esta mañá, a directora científica de CRETUS, María Teresa Moreira, e o investigador Gumersindo Feijóo, impartiron un obradoiro sobre Análise do Ciclo de Vida (ACV) na Fundación Empresa Universidade Galega (Feuga).
O obxectivo desta xornada, organizada por CRETUS, en colaboración co Clúster Galego de Solucións Ambientais e Economía Circular (Viratec), era profundar nos fundamentos da Análise do Ciclo de Cida acorde coa ISO 14040 e 14044 para aplicación de sistemas de ecoetiquetado e ecodeseño.
O programa abordou os Fundamentos básicos da ACV (definición de obxectivos e alcance, inventarios do ciclo de vida, avaliación do e interpretación de resultados), así como a realización dun caso práctico de ACV co emprego do software SimaPro e a presentación de diversos casos prácticos realizados por empresas e organizacións europeas.
Fonte e imaxe: Viratec