- Pola súa banda, o número de páxinas visitas supera xa 1.160.000.
- En 2020, e respecto do ano anterior, as entradas a este sitio web incrementáronse nun 20,10% e o número de páxinas visitas, nun 17,61%.
- O obxectivo de www.cadernoverde.gal é que os pequenos adquiran coñecementos sobre medio ambiente e, máis especificamente, sobre a xestión sostible dos residuos, á vez que aprenden as disciplinas que conforman o currículum académico.
Cerceda, a 13 de febrero de 2021.- A plataforma educativa de Sogama “Caderno Verde” (www.cadernoverde.gal), na que se abordan as distintas materias integradas no currículum académico de Educación Primaria, pero desde unha perspectiva ambiental, aproxímase ás 200.000 visitas e máis de 1.160.000 páxinas vistas.
En 2020, e respecto do ano anterior, as entradas a este sitio web incrementáronse nun 20,10% ao subir desde as 28.588 ás 34.333. Pola súa banda, o número de páxinas visitas aumentou nun 17,61%, ascendendo desde as 190.641 ás 224.209.
Os datos veñen a confirmar a boa acollida que este recurso educativo ten entre a poboación escolar, estando concibido, non só para as aulas, senón tamén para que os pequenos poidan levar a cabo tarefas medioambientais no fogar.
CONTIDOS
A loita contra o cambio climático, as enerxías renovables, a conservación da natureza e a protección da fauna compleméntanse co tema estrela, que é a xestión sostible dos residuos urbanos, facendo especial fincapé na estratexia dos tres erres (redución, reutilización e reciclaxe), o consumo responsable, o máximo aproveitamento dos produtos e a segregación dos mesmos unha vez convertidos en refugallos, depositando cada tipoloxía no contedor correspondente. E todo isto mentres se aprende Coñecemento do Medio, Inglés, Matemáticas, Lingua Galega, Lingua Castelá e Educación Artística.
Caderno Verde diríxese ao alumnado de Infantil e de Primaria. As distintas unidades didácticas refórzanse con ecocontos e actividades protagonizadas polos personaxes por excelencia desta plataforma: a Familia Trebón e Os Amigos de Vilaverde.
Saúdos, Departamento de Comunicación