- O obxectivo é sensibilizar aos peregrinos sobre a importancia de manter o Camiño de Santiago libre de lixo
- Ao longo de tres etapas do Camiño Portugués, os voluntarios repartirán entre os peregrinos bolsas reutilizables –feitas con PET reciclado– para que participen na limpeza deste emblemático roteiro
- Esta acción, que se enmarca no proxecto “Camiño da Reciclaxe”, busca impactar entre os camiñantes e conseguir que este ano Santo se lembre por ser o máis comprometido coa reciclaxe e o medio ambiente da historia
Cerceda, a 7 de xullo de 2022.- O pasado luns, 4 de xullo, arrincou na Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela, o “Camiño ao revés portugués”, unha actividade integrada no proxecto ambiental “Camiño da Reciclaxe” que busca fomentar a reciclaxe e o respecto á natureza ao longo deste emblemático roteiro.
Con tal fin, unha vintena de voluntarios de Ecoembes e do Proxecto “LIBERA, unidos contra a basuraleza”, concienciarán aos peregrinos que van camiño a Santiago da importancia de manter este roteiro limpo, recollendo toda a basuraleza que se atopen ao seu paso. Tamén usarán a app 'basuraleza' para caracterizar os residuos atopados en cada etapa nas papeleiras de reciclaxe, contribuíndo así a conservar a contorna natural deste emblemático roteiro.
Aos voluntarios acompañounos Manolo Garrido, experto no Camiño de Santiago, así como Sara Güemes, responsable de LIBERA, e Carolina Martín, responsable do proxecto “Camiño da Reciclaxe” en Ecoembes.
Un ano máis, o Camiño da Reciclaxe iniciou unha nova edición que facilita aos milleiro de peregrinos que percorren este roteiro histórico que poidan separar e reciclar os distintos residuos de envases que van xerando durante cada etapa.
ECOALBERGUES
A cifra total de albergues a nivel nacional ascende a 555 nas sete comunidades (Castela e León, Galicia, Asturias, Cantabria, A Rioxa, Navarra e País Vasco) onde se desenvolve o proxecto. Todos eles reciben un kit conformado por carteis didácticos, papeleiras amarelas (latas, briks e envases de plástico) e azuis (papel e cartón), un selo identificativo como colaborador da campaña (EcoAlbergue) e Compostelas do Ecoperegrino.
Así mesmo, entregáronse aos Ecoalbergues máis de 55.000 bolsas reutilizables, fabricadas con PET reciclado para que as repartan entre todos os Ecoperegrinos que se hospeden nas súas instalacións.
Nesta edición mantense a iniciativa da “Compostela do Ecoperegrino”, que xurdiu co obxectivo de premiar o compromiso dos peregrinos. Por cada peregrino que suba unha foto a Instagram ou Twitter da súa Compostela con tres selos (que poderán obter nos Ecoalbergues participantes do Camiño da Reciclaxe durante os meses de xuño a outubro) co hashtag #EcoPeregrino, plantarase unha árbore autóctona.
Na última edición plantáronse máis de 600 árbores autóctonas no municipio de Cerdedo-Cotobade (Galicia) e máis de 300 especies no municipio del Franco (Asturias).
Fonte e imaxe: Ecoembes