- A iniciativa, que chega á súa sexta edición, terá lugar o próximo 11 de xuño co lema: “Esteas no punto no que esteas, o importante é estar”
- Calquera persoa pode participar e crear o seu punto de recollida ou ben unirse a un dos xa creados
- En 2021, máis de 11.000 voluntarios uníronse a esta acción e saíron a limpar e sensibilizar en máis de 1.100 espazos naturais de toda España
Cerceda, a 2 de xuño de 2022.- Máis aló de ser un problema estético, o abandono de residuos na natureza converteuse nun grave problema ambiental. Segundo o ‘V Observatorio da basuraleza’, elaborado por More Than Research para LIBERA, un 67% dos españois cre que o principal motivo polo que se tiran residuos á natureza é a despreocupación. Con todo, cada vez son máis conscientes da importancia que ten recoller este lixo.
De feito, segundo esta mesma enquisa, a primeira reacción dos cidadáns ao ver os refugallos abandonados na natureza é recollelos, aínda que os abandonaran outros. Un dato que, respecto da edición anterior, aumenta en máis de sete puntos.
Con esta premisa, a de recoller e concienciar, o Proxecto LIBERA, creado por SEO/ BirdLife en alianza con Ecoembes, celebra unha nova edición de ‘1 m2 contra a basuraleza’, que terá lugar o próximo 11 de xuño baixo o lema “Esteas no punto no que esteas, o importante é estar” para chamar a atención sobre este problema e liberar os espazos naturais de residuos.
PARTICIPACIÓN
Os interesados en sumarse á sexta edición de ‘1 m2 contra a basuraleza’, poderán facelo en tres modalidades:
- Creando e coordinando un punto de recollida en calquera espazo natural de España (ata o 5 de xuño).
- Inscribíndose nalgún dos puntos xa creados que poderán consultarse no seguinte mapa: https:// proyectolibera. org/ proximos-eventos/ e só ata o 10 de xuño.
- Difundindo a campaña a través das redes sociais e o hashtag #Libera1 m2
Ademais, quen o desexe, poderá rexistrar os residuos que vaia atopando na app ‘Basuraleza’, desenvolvida polas asociacións Paisaxe Limpo e Vertidos Cero en colaboración con LIBERA. Desta forma, poderase rexistrar a basuraleza atopada e comprobar os residuos máis habituais por comunidade autónoma. A cita contará coa colaboración de distintas entidades sociais, concellos, centros educativos, ou empresas.
Na pasada edición, máis de 11.000 voluntarios participaron nas recollidas efectuadas en 1.100 espazos naturais de todo o país, coas que se lograron recoller un total de 114 toneladas de refugallos abandonados en contornas terrestres, fluviais e mariñas de todas as provincias españolas.
Máis información en https:// proyectolibera. org/ proximos-eventos/
Fonte e imaxe: Ecoembes