- Educadores ambientais con mochilas recolectoras percorren diferentes praias sensibilizando aos bañistas sobre a importancia da reciclaxe de latas para promover un turismo sostible e limpo, e protexer o medio ambiente
Cerceda, a 24 de xullo de 2023.- Un ano máis, e xa vai pola cuarta edición, “Cada Lata Cuenta”, o programa europeo de sensibilización ambiental que promove a reciclaxe de latas de bebidas, lanza a súa campaña “A túa lata ao amarelo”, para concienciar sobre a reciclaxe de latas nas praias e promover un turismo sostible e limpo.
Educadores ambientais con mochilas recolectoras percorren diferentes arenais españoles sensibilizando aos bañistas sobre a importancia da reciclaxe para protexer o medio ambiente e loitar contra o cambio climático. Ademais, realizan enquisas para coñecer os seus hábitos de reciclaxe na praia co fin de axudar aos concellos colaboradores a mellorar a xestión de residuos nos espazos públicos.
“Queremos lograr que se recicle cada lata consumida na praia. Algo que garantimos ao 100% se a depositamos no contedor amarelo”, manifesta Pablo García, director de Cada Lata Cuenta en España e Doutor en Ecoloxía, quen asegura que, grazas ao seu sinxelo proceso de reciclaxe, en só 60 días pode estar de volta no supermercado en forma dunha nova lata. “Depositar as latas no contedor amarelo, axuda a que aforremos un 95% de enerxía respecto a fabricar unha lata a partir de material virxe”, salientou.
O proxecto (Every Can Counts), que naceu en Reino Unido en 2009, comezou a súa andaina en España en 2015, desenvolvéndose actualmente en 16 países de toda Europa. Está presente en centos de eventos, festivais e actividades de todo tipo a fin de concienciar a milleiros de persoas sobre a importancia de reciclar.
As propiedades dos metais fan que as latas de bebidas sexan infinitamente reciclables sen perder calidade, concibíndose como un claro exemplo de economía circular.
Fonte e imaxe: IDE
Saúdos, Departamento de Comunicación