- Baixo o lema “Comida saudable para todos”, a ONU lanza o Diálogo Global da Mocidade, unha iniciativa a través da cal se convida a un cento de mozos preocupados pola sostibilidade a debater sobre como producimos, consumimos e pensamos sobre os alimentos.
- Os participantes recibirán un desafío para levar a cabo 100 Diálogos Independentes nos seus propios contextos e comunidades.
Cerceda, a 4 de maio de 2021.- Baixo o lema “Comida saudable para todos”, a ONU lanza o Diálogo Global da Mocidade, unha iniciativa a través da cal se convida a un cento de mozos preocupados pola sostibilidade, o cambio climático e a protección ambiental, para debater sobre o futuro dos nosos sistemas alimentarios, é dicir, sobre como producimos, consumimos e pensamos sobre os alimentos.
Os participantes recompilarán ideas ao respecto, que se exporán no Cume sobre os Sistemas Alimentarios das Nacións Unidas, que terá lugar en setembro de 2021.
O Diálogo Global foi convocado pola Dra. Agnes Kalibata, Enviada Especial do Secretario Xeral da ONU ao Cume de Sistemas Alimentarios, e Henrietta Fore, Directora Executiva de UNICEF.
Os mozos dividiranse en grupos para unha discusión dinámica sobre os diversos significados de 'boa comida', compartindo as súas ideas para axudar a dar forma ao futuro dos sistemas alimentarios en diversos contextos. Para cerrar o Diálogo, os integrantes dos grupos recibirán un desafío para levar a cabo 100 Diálogos Independentes nos seus propios contextos e comunidades.
Estes Diálogos poden adoptar moitas formatos: desde un seminario web ata unha reunión pública ou unha reunión informal de membros da comunidade, e incluír a persoas que traballan para alimentar a unha poboación (agricultores, xerentes de supermercados e comercializadores de alimentos); a persoas que traballan en sectores que dan forma aos sistemas alimentarios (como o transporte, a loxística e os servizos financeiros), e a persoas cuxo traballo afecta a outras facetas dos sistemas alimentarios (incluídos os recursos naturais, o medio ambiente, a cultura, o coñecemento indíxena, o comercio e máis).
O único requirimento do Cume é que os Diálogos se guíen por tres principios:
- Respectar os principios de compromiso do Cume.
- Presentar conversacións estruturadas entre grupos con diferentes perspectivas.
- Informar ao proceso do Cume a través dun formulario oficial de comentarios. Con isto asegúrase de que o resultado do seu Diálogo axudará a orientar a acción individual e colectiva cara a un futuro de alimentos que sexa sostible, equitativo e seguro.
Todos os informes dos Diálogos Independentes estarán dispoñibles publicamente.
Ademais, a Secretaría do Cume de Sistemas Alimentarios formou unha asociación estratéxica coa rede global Blue Marble Evaluation para sintetizar e analizar profesionalmente todos os informes presentados polos convocantes dos Diálogos Independentes. Desta forma identificaranse temas comúns, ideas importantes, accións propostas e posibles solucións.
Fonte: ONU
Imaxe: Pexels