- As plantas europeas de conversión de residuos en enerxía cumpren fielmente a normativa máis esixente en termos de prevención e control da contaminación
- A día de hoxe, as emisións de dioxinas de WtE representan menos do 0,2 % das industriais totais
- Unha instalación de valorización enerxética ben xestionada emite concentracións extremadamente baixas de dioxinas e furanos, ás veces mesmo por baixo do límite de detección dos instrumentos de medición
Cerceda, a 1 de abril de 2022.- As plantas Waste- to- Energy teñen demostrado con creces os seus mecanismos de protección ambiental, atopándose as súas emisións moi por baixo dos límites que fixa a lexislación.
Así o corrobora un informe elaborado por CEWEP, e avalado por ESWET, no que se asegura que é un dos sectores industriais máis estritamente regulados en Europa e que estas instalacións actúan mesmo como sumidoiros de contaminación.
Estudos de biomonitoreo realizados por grupos contrarios á valorización enerxética concluíron nalgún caso que "Necesítanse máis datos para sacar conclusións sobre un vínculo entre o resultado deste estudo de biomonitoreo e as emisións do incinerador de residuos”.
Baseándose na literatura existente, así como en datos recentes dos operadores, demostrouse que, cando se atopan dioxinas nos arredores dunha planta WtE, non hai correlación coas emisións da instalación. As plantas europeas de conversión de residuos en enerxía cumpren fielmente as regulacións máis estritas en termos de prevención e control da contaminación.
Desde 2019, coa publicación das Conclusións sobre as mellores técnicas dispoñibles (BAT) para a incineración de residuos, estableceuse un conxunto de límites aínda máis ambicioso para as dioxinas e os furanos, de tal forma que, a día de hoxe, as emisións de dioxinas de WtE representan menos do 0,2 % das industriais totais.
A vixilancia de dioxinas realízase tanto con límites estritos como con períodos prolongados, o que significa que as medicións deben realizarse durante as etapas operativas, incluídas a posta en marcha e as paradas.
As avaliacións de datos, as comparacións e a experiencia a longo prazo dos operadores mostraron patróns de emisión similares entre as medicións periódicas e a mostraxe continua.
Unha planta europea de valorización enerxética ben xestionada emite concentracións extremadamente baixas de dioxinas e furanos (ás veces por baixo do límite de detección dos instrumentos) grazas ao seu sofisticado sistema de control de combustión e redución da contaminación. Isto sucede independentemente do equipo de medición específico.
Informe completo "Dioxinas e plantas WtE: estado da arte, visión xeral europea da análise a longo prazo de dioxinas na contorna de plantas WtE": https://eswet.eu/wp-content/uploads/2022/03/CEWEP-Report-Dioxins-and-WtE-plants-State-of-the-Art-1.pdf
Fuente: ESWET