- Trátase do primeiro traballo do Comité Técnico de Economía Circular de WAS, formado por 14 mulleres profesionais de diversos campos, que comparten unha vocación transformadora e unha recoñecida traxectoria no desenvolvemento de estratexias, publicacións e iniciativas de economía circular.
- A guía deuse a coñecer o pasado 8 de abril e, a través da mesma, a Asociación pretende inspirar e axudar ás pemes españolas a redirixir o seu modelo de produción e consumo cara a un moito máis eficiente e sostible, en liña cos obxectivos do Pacto Verde Europeo e a estratexia “España Circular 2030”.
Cerceda, a 20 de abril de 2021.- Women Action Sustainability (WAS), asociación de mulleres directivas que pretende impulsar o compromiso das empresas, institucións, entidades e a sociedade coa sostibilidade, reuniu, nun evento celebrado o pasado 8 de abril, a representantes empresariais e institucionais para dar a coñecer a súa “Guía de Economía Circular: da estratexia á acción”.
Este documento, que recolle paso a paso as claves para integrar a economía circular no núcleo das empresas, é o primeiro traballo do Comité Técnico de Economía Circular de WAS, formado por 14 mulleres profesionais de diversos campos, que comparten unha vocación transformadora e unha recoñecida traxectoria no desenvolvemento de estratexias, publicacións e iniciativas de economía circular. Para a súa elaboración, o Comité contou coa Asistencia Técnica de Daniel Serón, Socio Fundador da consultora Suno Sustentabilidade.
A través desta publicación, WAS pretende inspirar e axudar ás pemes españolas a redirixir o seu modelo de produción e consumo cara a un moito máis eficiente e sostible, en liña cos obxectivos do Pacto Verde Europeo e a estratexia “España Circular 2030”.
Mónica Chao, presidenta de Women Action Sustainability, sinalou que “en WAS cremos que as administracións, as empresas e institucións temos que traballar da man para que se produza este cambio dun sistema lineal cara á economía circular”, ao que engadiu “A Guía de Economía Circular é a materialización do noso obxectivo de servir de inspiración e acompañar, tamén, ás empresas máis pequenas nesta dirección nun momento clave como o que estamos a vivir”.
OITO PASOS
Partindo de tres motivacións iniciais como son a aceleración do crecemento empresarial, a mellora da competitividade e a xestión de riscos, a Guía de Economía Circular establece 8 pasos para implementar a economía circular en calquera compañía:
1. Que é a economía circular e cal é o seu alcance?
2. Identificación e medición de materiais e recursos empregados no ciclo de vida dos meus produtos
3. Definir prioridades onde actuar
4. Definir o marco e ferramentas de medición de circularidade
5. Establecer os indicadores de circularidade
6. Lanzar proxectos e liñas de negocio circulares
7. Comunicación do nivel de integración da circularidade aos grupos de interese
8. Ancorar o cambio para conseguir unha estratexia empresarial circular
Este é o resultado da primeira parte do traballo realizado por este Comité Técnico que pretende, nunha segunda parte, axudar ás pemes españolas a poder poñelo en práctica, xa que, tal e como se desprende do recente informe Economía Circular e Pemes, presentado pola Cámara de Comercio de España e MAPFRE, máis da metade das pemes (54 %) non coñece aínda en que consiste a economía circular; unha cifra que varía segundo o sector de actividade e que mellora a medida que crece o tamaño da empresa.
Ligazón guía: https://wasaction.com/uploads/eventos/was-guia-empresas-economia-circula...
Fonte: FuturEnviro
Imaxe: wasaction.com