- Poden presentar a súa candidatura aquelas persoas e equipos que teñan publicado ou emitido unha peza relacionada co medio ambiente nun medio de comunicación español, ou que tiveran posto en marcha unha iniciativa dixital vinculada ao medio ambiente.
- Desta forma, preténdese recoñecer os traballos de comunicación que contribúan a incrementar o coñecemento e a sensibilización en materia de medio ambiente, sostibilidade, reciclaxe e/ou economía circular.
- O palmarés complétanno dous recoñecementos especiais: ‘Personalidade Ambiental do Ano’ e ‘Maior Impacto Cidadán’.
- O prazo de inscrición estará aberto ata o próximo 4 de novembro.
Cerceda, a 3 de setembro de 2020.- En agradecemento ao labor divulgativo en materia de medio ambiente, convocouse a XXI edición dos Premios Ecovidrio, cos que se pretende recoñecer aquelas pezas (reportaxes, iniciativas dixitais, artigos, programas de radio…) que contribúan a incrementar o coñecemento e sensibilización polo medio ambiente, a sostibilidade, a reciclaxe e/ou a economía circular.
O prazo de inscrición estará aberto ata o próximo 4 de novembro.
REQUISITOS E PARTICULARIDADES
Poden presentar a súa candidatura aquelas persoas e equipos que publiquen ou emitido unha peza relacionada co medio ambiente nun medio de comunicación español, ou que poñan en marcha unha iniciativa dixital (webs, redes sociais e aplicacións móbiles) vinculada á protección da contorna.
As categorías estrutúranse en Televisión, Radio, Prensa e Iniciativa Dixital. No caso desta última recoñecerase persoas, medios, blogs, aplicacións móbiles, programas, empresas ou institucións que tiveran unha repercusión especial en materia ambiental.
Os traballos (artigos, reportaxes, vídeos, infografías, fotografías, aplicacións, campañas dixitais…) deberán ser tido publicados entre o 1 de agosto de 2019 e o 31 de agosto de 2020.
Cada categoría estará dotada cun premio de 3.000€ en cada unha das categorías.
O palmarés complétanno dous recoñecementos especiais: ‘Personalidade Ambiental do Ano’ e ‘Maior Impacto Cidadán’.
A ‘Personalidade Ambiental do Ano’ é un galardón que se entrega a personaxes públicas que tiveron un gran compromiso persoal e profesional co medio ambiente.
Nas últimas edicións as gañadoras foron Christiana Figueres, ex Secretaria Executiva da Convención Marco das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático (CMNUCC) e co-fundadora da iniciativa Global Optimism, e Manola Brunet, a primeira muller e española que preside a Comisión de Climatoloxía.
Pola súa banda, o premio ‘Maior Impacto Cidadán’ recoñece as iniciativas que contribúan á mobilización da cidadanía co desenvolvemento sostible, o coidado do medio ambiente ou a economía circular.
Toda a información en https://hablandoenvidrio.com/premios-ecovidrio/
Fonte e imaxe: Ecovidrio