- goCircularRadar aglutina a todas as startups que innovan en materia de economía circular, dando visibilidade o seu traballo neste campo e fomentando a colaboración con outros colectivos.
- Ademais, un total de 16 empresas españolas obtiveron xa o selo goCircular Pass, un distintivo que recoñece o labor realizado por conseguir un futuro circular desde o mundo do emprendemento e a innovación.
Cerceda, a 7 de setembro de 2021.- Cada vez son máis os emprendedores que queren formar parte activa dun cambio de modelo na sociedade baseado na economía circular. De feito, xa son 150 as startups que conforman goCircular Radar, o primeiro mapa de empresas innovadoras dentro do ámbito da economía circular creado por TheCircularLab, o centro de innovación aberta de Ecoembes.
Con esta ferramenta, o laboratorio busca potenciar a visibilidade de proxectos innovadores en economía circular, á vez que fomenta a colaboración das startups con outras empresas, administracións ou colectivos.
Así mesmo, 16 desas empresas contan co selo goCircular Pass, co que TheCircularLab recoñece o traballo realizado por todas elas para desenvolver novos proxectos con gran potencial enfocados na economía circular.
Para acceder á solicitude deste selo, é imprescindible que as startups formen parte de goCircular Radar, onde se require que os interesados ofrezan unha carteira de solucións ou produtos que poidan contribuír á economía circular, dispoñan dun elevado nivel de innovación e que se tiveran constituído cunha antigüidade inferior a dez anos.
O proceso de inscrición é totalmente gratuíto e a información daquelas startups que decidan sumarse estará ao dispor de todas aquelas empresas interesadas en colaborar ou contratar os seus servizos.
Fonte e imaxe: Ecoembes