- Así se recolle no informe de Contas Medioambientais do INE (Instituto Nacional de Estatística).
- O Gasto en Protección Ambiental (GNPA) creceu o pasado ano, por cuarto ano consecutivo, ata alcanzar os 18.729 millóns de euros, o que supón un incremento do 5,5%, dous puntos por riba do crecemento do Produto Interior Bruto (PIB).
Cerceda, a 26 de diciembre de 2019.- Segundo recolle o informe de Contas Medioambientais do Instituto Nacional de Estatística (INE), o Gasto Nacional en Protección Ambiental (GNPA) creceu en 2018, por cuarto ano consecutivo, ata alcanzar os 18.729 millóns de euros, o que supón un incremento do 5,5%, dous puntos por riba do crecemento do Produto Interior Bruto (PIB). Así, o GNPA representou o 1,56% do PIB, tres centésimas máis que en 2017.
Os ámbitos con maior peso no GNPA o pasado ano foron os servizos de xestión de residuos, con 11.567 millóns de euros (61,7% do gasto total) e os de xestión de augas residuales, con 3.618 millóns (19,3%).
Os maiores aumentos de gasto respecto do ano anterior déronse nos servizos de xestión de augas residuales (6,9%) e nos de xestión de residuos e protección da biodiversidade e a paisaxe (5,5%), que tamén foron os que máis aportaron ao crecemento do GNPA.
O sector Sociedades realizou o 47,3% do total do gasto en 2018: 8.862 millóns de euros, un 6,8% máis que no ano anterior.
O gasto do sector Administracións Públicas e ISFLSH (institucións sen fins de lucro ao servizo dos fogares) representou o 35,2% do total, acadando os 6.588 millóns, un 4,1% máis que en 2017.
Pola súa banda, os fogares aumentaron o seu gasto un 3,9% ata 3.279 millóns, o que supuxo o 17,5% do total.
As principais partidas do gasto nacional en protección ambiental en 2018 corresponderon ao consumo final (46,8% do total), ao consumo intermedio (40,7%) e á formación bruta de capital fixo (13,6%).
O 62,6% do gasto en consumo final realizouno o sector Administracións Públicas e ISFLSH, e o 37,4% restante, o sector fogares.
Pola súa banda, o sector Sociedades efectuou o 51,4% da formación bruta de capital fixo, fronte ao 48,6% do sector Administracións Públicas e ISFLSH.
Fonte: INE
Saúdos, Departamento de Comunicación