- A nivel europeo, varias entidades do sector da reciclaxe xa viña destacando este carácter esencial polo seu beneficio para a saúde e o medio ambiente.
Cerceda, a 30 de marzo de 2020.- No marco da actual situación de crise sanitaria orixinada pola pandemia do COVID-19, o Real Decreto Lei aprobado polo Consello de Ministros, que estará en vigor ata o próximo 9 de abril a fin de reducir o movemento de persoas para facer fronte á propagación do coronavirus, contempla a xestión de residuos e labores de descontaminación entre as actividades consideradas esenciais.
Tal e como recolle o texto legal no punto 18 do seu anexo, non resulta de aplicación o permiso retribuido recuperable aos traballadores «que presten servicios de limpieza, mantenimiento, reparación de averías urgentes y vigilancia, así como que presten servicios en materia de recogida, gestión y tratamiento de residuos peligrosos, así como de residuos sólidos urbanos, peligrosos y no peligrosos, recogida y tratamiento de aguas residuales, actividades de descontaminación y otros servicios de gestión de residuos y transporte y retirada de subproductos o en cualquiera de las entidades pertenecientes al Sector Público, de conformidad con lo establecido en el artículo 3 de la Ley 9/2017, de 8 de noviembre, de Contratos del Sector Público».
Neste sentido, cabe recordar que, a nivel europeo, a semana pasada diversas organizacións do sector da reciclaxe e da xestión dos residuos solicitaron ás distintas autoridades da UE, así coma dos Estados membros, que se recoñecese a súa condición de actividade esencial e crítica, tanto polo seu beneficio para a saúde e o medio ambiente, como polo seu papel na subministración de materias primas fundamentais para varios sectores que tamén manteñen a súa actividade.
Fonte: Residuos Profesional