- O obxectivo da mesma é concienciar sobre o impacto ambiental que trae consigo o abandono de residuos na natureza, propiciando ao tempo a súa recollida.
- Calquera persoa pode participar a través de proyectolibera.org creando puntos de recollida, inscribíndose nalgún punto xa creado, ou difundindo a campaña a través das redes sociais.
- Como non podía ser doutro xeito, nos máis de 190 puntos xa organizados seguiranse as medidas sanitarias COVID establecidas pola comunidade autónoma ou municipio onde se desenvolva.
Cerceda, a 21 de maio de 2021.- O próximo 12 de xuño terá lugar a quinta edición da campaña “1m2 contra a basuraleza”, cuxo obxectivo é concienciar sobre o impacto ambiental que trae consigo o abandono de residuos na natureza, propiciando ao mesmo tempo a súa recollida.
COMO PARTICIPAR
Ata o 7 de xuño, as persoas, empresas, entidades e asociacións interesadas en unirse a esta iniciativa, poderán facelo a través das seguintes vías:
- Creando e coordinando un punto de limpeza en calquera espazo natural de España.
- Inscribíndose nalgunha das batidas de limpeza xa organizadas que poderán consultarse no seguinte mapa: https://proyectolibera.org/proximos-eventos/
- Difundindo a campaña a través das redes sociais mediante os materiais creados baixo o lema “Combater a basuraleza ten o seu punto” e o hashtag #Libera1m2: https://we.tl/t-UyEnYIi0hP
A campaña está apoiada por unha rede de 30 alianzas coa que conta LIBERA, entre as que figuran entidades científicas, educativas e divulgativas de gran prestixio, sumándose a colaboración dos 57 puntos organizados por concellos e 17 por parques naturais, chegando aos 190 totais ata o de agora. Nos mesmos seguiranse as medidas sanitarias COVID establecidas pola comunidade autónoma ou municipio onde se desenvolva, limitando os grupos e garantindo a máxima seguridade dos seus asistentes.
Ademais, nesta edición ponse en marcha unha app para que os participantes poidan rexistrar os residuos que van atopando. Trátase dunha nova aplicación chamada ‘Basuraleza’, desenvolvida polas asociacións Paisaje Limpio e Vertidos Cero en colaboración con LIBERA. Desta forma, poderase rexistrar a basuraleza atopada e comprobar os refugallos máis habituais por comunidade autónoma e por provincia.
AS MÁSCARAS, O NOVO RESIDUO
Trala crise sanitaria xerada pola pandemia, a utilización de máscaras converteuse nunha medida de protección fronte á Covid-19. Segundo un estudo de Environmental Science & Technology, o mundo está a utilizar aproximadamente 129.000 millóns de máscaras desbotanles cada mes, que poden tardar ata 400 anos en descomporse se non se xestionan correctamente.
O abandono incontrolado deste tipo de residuos trae consigo graves consecuencias para as contornas naturais, podendo evitarse se se depositan no contedor da fracción resto.
Toda a información sobre esta campaña en https://proyectolibera.org/proximos-eventos/
Fonte e imaxe: Libera