- O SIX lanzou a terceira edición desta iniciativa, cuxo obxectivo é recoñecer e premiar o esforzo da hostalería local e o activismo dos municipios costeiros pola sustentabilidade durante o verán, en especial no relativo á correcta xestión dos seus residuos
- Así mesmo, Ecovidrio puxo en marcha o primeiro estudo de campo para coñecer o nivel de implantación das medidas de sustentabilidade que aplican os bares e restaurantes costeiros en España
Cerceda, a 27 de xuño de 2022.- Ecovidrio, a entidade sen ánimo de lucro encargada da xestión da reciclaxe dos residuos de envases de vidro en España, lanza a terceira edición do Movemento Bandeiras Verdes, que conta coa participación de 144 concellos e máis de 15.000 establecementos hostaleiros procedentes de distintas comunidades autónomas.
O obxectivo desta iniciativa é recoñecer e premiar o esforzo da hostalería local e o activismo dos municipios costeiros pola sustentabilidade durante o verán, en especial no relativo á correcta xestión dos seus residuos.
A campaña contempla accións para dar resposta ao notable incremento dos envases de vidro en zonas costeiras como consecuencia do turismo estival. No verán consómese un terzo dos envases de vidro que se poñen en circulación e un 52% deles xérase directamente no sector hostaleiro, polo que a súa implicación é clave para posibilitar unha transición real cara a un modelo máis circular e descarbonizado.
A competición polas bandeiras verdes de Ecovidrio conta cun sistema de puntuación que valora aspectos como o aumento do volume na recollida selectiva de envases de vidro do municipio, a porcentaxe de hostalería local participante e a súa colaboración para lograr os obxectivos, así como o compromiso adquirido polos consistorios locais para fomentar a campaña entre a hostalería e darlle difusión á mesma ante a cidadanía e visitantes. En total, ao peche de cada edición entregaranse oito Bandeiras Verdes en todo o Estado.
Co fin de facilitar a todos os hostaleiros o seu labor, Ecovidrio reforzará a contenerización e entregará medios de maneira gratuíta para o transporte dos residuos. Cun equipo sobre o terreo formado por case 100 persoas, a entidade percorrerá un a un os establecementos para ofrecer formación ambiental e fomentar medidas de economía circular entre os participantes. Ademais, realizará un control dos volumes de enchido para reforzar os roteiros de recollida se é necesario.
BARÓMETRO SOBRE A SUSTENTABILIDADE HOSTALEIRA NA COSTA
Ecovidrio puxo en marcha o primeiro estudo de campo para coñecer o nivel de implantación das medidas de sustentabilidade que aplican os bares e restaurantes costeiros en España. As enquisas realizaranas educadores ambientais de forma presencial durante o mes de xullo e alcanzará un universo de 7.000 establecementos entre bares, chiringuitos e restaurantes.
Algúns dos ámbitos que se analizarán serán a xestión eficiente dos residuos, a eficiencia enerxética ou o consumo responsable. Nun contexto de emerxencia climática, será posible contar cunha fotografía do sector neste ámbito e compartir casos de éxito e boas prácticas escalables.
Ao finalizar a tempada, Ecovidrio premiará aos nove establecementos máis maduros na xestión ambiental da súa actividade.
RESULTADOS 2021
A reciclaxe de envases de vidro é un elemento crave para a loita contra o cambio climático e a aceleración dun modelo de economía circular. Grazas ao movemento Bandeiras Verdes en 2021 recolléronse 31.045 toneladas de envases de vidro nas 127 localidades costeiras participantes, cuxo posterior reciclado logrou:
- Evitar a emisión de 17.700 toneladas de CO2, tales como retirar 8.000 coches da circulación durante un ano
- Evitar a extracción de 36.770 toneladas de materias primas, equivalente a case 4 veces o peso da Torre Eiffel
- Aforrar 21.885 MWh de enerxía
Saúdos, Departamento de Comunicación