- Terá lugar mañá, 20 de outubro, no Auditorio 400 do Museo Reina Sofía de Madrid, tendo optado por un formato híbrido, con asistencia presencial e retransmisión vía streaming.
- O evento contará con sete mesas redondas e tres speed talks nos que participarán unha trintena de relatores de alto nivel.
- Tamén estará presente nas redes sociais co hashtag # SustainabilityDay21.
Cerceda, a 19 de outubro de 2021.- A primeira edición de Sustainability Day dará a coñecer as mellores prácticas en sostibilidade das grandes empresas con presenza en España. O evento, organizado polas cabeceiras de Custommedia, CompromisoRSE e Equipos&Talento, terá lugar mañá, 20 de outubro, no Auditorio 400 do Museo Reina Sofía de Madrid, tendo optado por un formato híbrido, con asistencia presencial e retransmisión vía streaming.
A xornada abrirase coa celebración da mesa “Horizon 2030-2050: Towards a Sustainable Future”. Moderada pola directora de Contidos de Custommedia, Mónica Gálvez, na mesma abordaranse os retos a alcanzar nas próximas décadas no ámbito da sostibilidade e a RSE, así como o grao de consecución dos ODS ou o Acordo de París. Para isto contarase coa participación do presidente de DIRSE, Alberto Andreu; a directora xeral de Fundación SERES, Ana Sainz; o director xeral de Forética, Germán Granda; e a directora executiva da Rede Española do Pacto Mundial, Cristina Sánchez.
A continuación terá lugar a mesa “Sustainable Investment & Management Revolution”, en donse se falará da revolución que supoñerá a sostibilidade, tanto no ámbito financeiro como na xestión das empresas. Moderada por Enrique Benayas, director de ESIC Corporate Education e director xeral en ICEMD (Instituto Innovación by ESIC), contará coas achegas de Aitor Jauregui, managing director España, Portugal e Andorra de BlackRock; Marisa Aguilar, directora xeral España e Portugal de Allianz Global Investors; Toni Ballabriga, Global head of Responsible Business de BBVA; e Javier Aguirre, chief Communication & Sustainability Officer de Generali España.
CERO EMISIÓNS
Na mesa titulada “Green Energy & Descarbonization: Way to 0 Emissions”, de # SustainabilityDay21, estarán presentes o director de Responsabilidade Social Corporativa e Reputación de Iberdrola, Roberto Fernández; a directora de Medio Ambiente e RSC de Naturgy, Nuria Rodríguez; a xerente de RSC de LIDL, Michaela Reischl; o director de Estratexia e Seguimento de Sostibilidade de CaixaBank, Severiano Solaina; e o xefe de Área de Sostibilidade Ambiental e Loita contra o Cambio Climático de ADIF, Jonathan Sánchez. Todos eles conversarán co director de Desenvolvemento de Negocio de Enerxía de Schneider Electric, Raúl Escamilla, sobre o obxectivo de descarbonizar a economía para alcanzar o compromiso europeo Net Zero Emissions en 2050.
No Keynote Talk “Da ambición á acción”, o responsable do departamento de Servizos de Enerxía e Sostibilidade de Schneider Electric, Joaquim Daura, falará sobre como converter en realidade a vontade dunha empresa en ser máis sostible, desenvolvendo proxectos e accións cun impacto real desde a concepción do proxecto ata a súa materialización.
SECTOR ALIMENTARIO
O rol que xoga o sector alimentación e bebidas na sostibilidade chegará na mesa “Sustainability in the Food & Beverage Industry”, onde se abordarán os retos da industria para lograr a transición cara a un sistema alimentario xusto e saudable. Moderada por Eva Galli, responsable de CompromisoRSE, aglutinará as intervencións do head of Sustainability de Danone South Europe, Borja Lafuent; a directora de Marketing e Estratexia – Segmento Corporate de Sodexo-, Adriana Unda; e a directora de Comunicación Corporativa, Asuntos Públicos e Sostibilidade de Mahou San Miguel, Patricia Leiva.
Posteriormente, Toni Ballabriga, copresidente do Comité Directivo de UNEP FI, protagonizará o Keynote Talk de # SustainabilityDay21 titulado “A viaxe da sostibilidade nas empresas e a evolución do directivo de RSC e negocio responsable”.
A economía circular terá un protagonismo especial no debate que leva por título “Circular Economy, Energy Transition & Waste Management” e no que se coñecerán as opinións de Natalia Suazo, Marketing director PepsiCo Beverages South West Europe; Santiago Alfonso, VP Strategic Communication & Corporate Reputation en Cosentino, e Xavier Calvo, director de Desenvolvemento de Negocio de Nacex.
Moderado por Benigno Ferrería, director de Accenture Strategy, os relatores ofrecerán o seu punto de vista sobre as claves da economía circular, a transición enerxética e a redución de residuos.
O terceiro Keynote Talk da xornada correrá a cargo do vicepresidente e country manager de Essity Iberia, José Ramon Iracheta, coa charla “Rompendo barreiras en benestar e sostibilidade”.
REPERCUSIÓN SOCIAL
Pola súa banda, as “Best Practices in Health & Sustainability” estarán presentes en # SustainabilityDay21 da man da directora de Acceso ao Mercado e Asuntos Corporativos de AstraZeneca, Marta Moreno; a directora de Servizos Centrais e RSC de PortAventura, Choni Fernández; e o director de Persoas de Cofares, Ángel Javier Vicente. A responsable de CompromisoRSE, Eva Galli, exercerá de moderadora.
O evento concluirá coa mesa titulada “Solidarity & Inclusion in Exceptional Times”, na que participarán Laura Gonzalvo, directora de Comunicación, PR e ESG de Securitas Direct Iberia & Latam; Susana Pousada, Corporate Communications, CSR & Sustainability manager de Leroy e vicepresidenta de DIRSE; e María Jesús Villa, CSR & Sustainabilitty Director de Everis An NTTD Company, actuando como moderadora Elisabet Lleyda, responsable de Sustainability Day.
Toda a información en https://www.compromisorse.com/sustainabilityday/
Fonte e imaxe: RSE. Bo Goberno e Reputación: Responsabilidade Social