- Segundo estimacións da FAO, ata un 40% dos cultivos alimentarios a nivel mundial pérdese cada ano debido ás pragas e enfermidades que padecen as plantas.
- Como consecuencia disto, millóns de persoas padecen fame e prexudícase gravemente a agricultura, principal fonte de ingresos das comunidades rurais pobres.
- Evitar substancias venenosas cando se trata de pragas, non só protexe o medio ambiente, senón que tamén protexe aos polinizadores, os organismos beneficiosos, as persoas e os animais que dependen das plantas.
Cerceda, a 18 de xaneiro de 2020- As plantas constitúen a fonte da meirande parte do aire que respiramos e os alimentos que comemos, pero en moitas ocasións desconécese como mantelas saudables.
As plantas e os animais (incluídos os humanos) están estreitamente conectados e non poden sobrevivir sen os microorganismos que garanten a saúde do solo. Segundo estimacións da FAO, ata un 40% dos cultivos alimentarios a nivel mundial pérdese cada ano debido ás pragas e enfermidades que padecen as plantas e, como consecuencia disto, millóns de persoas padecen fame (a nivel global, máis de 820 millóns son vítimas da desnutrición, un número que vai en aumento) e prexudícase gravemente a agricultura, principal fonte de ingresos das comunidades rurais pobres.
As políticas e accións para promover a saúde das plantas son fundamentais para alcanzar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible 1 e 2: Fin da Pobreza e Fame Cero.
Por estas e máis razóns, 2020 foi nomeado o Ano Internacional da Sanidade Vexetal pola Asemblea Xeral da Nacións Unidas.
Ademais dos riscos que supón a degradación ambiental, segundo a FAO as viaxes e o comercio internacional triplicáronse na última década e poden propagar rápidamente pragas e enfermidades por todo o mundo, causando importantes danos ás plantas autóctonas e ao medio ambiente.
Protexer as plantas de pragas e enfermidades é moito máis rendible que facer fronte ás urxencias fitosanitarias a gran escala, xa que, con frecuencia, as pragas e enfermidades son imposibles de erradicar unha vez que se estableceron, e a súa xestión require moito tempo e diñeiro. Neste sentido, a prevención é fundamental.
Evitar substancias venenosas cando se trata de pragas, non só protexe o medio ambiente, senón que tamén protexe aos polinizadores, os organismos beneficiosos, as persoas e os animais que dependen das plantas.
Outras medidas recomendadas pola FAO, e a adoptar polos países e organización, son a precaución ao trasladar plantas e produtos vexetais a través das fronteiras, a seguridade no seu comercio, garantindo o cumprimento dos estándares internacionais de sanidade vexetal, investir en desenvolvemento de capacidades, investigación e divulgación, e fortalecer os sistemas de monitoreo e alerta temprán para protexer a saúde das plantas.
Fonte e imaxe: ONU Medio Ambiente
Saúdos, Departamento de Comunicación