- Foi declarada o pasado 1 de marzo co obxectivo de incrementar en boa medida a restauración dos ecosistemas degradados e destruídos para loitar contra o cambio climático, así como mellorar a seguridade alimentaria, a biodiversidade e a subministración de auga.
- Trátase dun chamamento mundial á acción, xuntando o apoio político, a investigación científica e a capacidade financeira.
- É preciso recordar que a degradación dos ecosistemas terrestres e mariños afecta de forma moi negativa a 3.200 millóns de persoas e ten un custo cercano ao 10% do PIB mundial en perda de especies e servizos ecosistémicos.
- A restauración de 350 millóns de hectáreas de terras degradadas de aquí a 2030 podería xerar 9 billóns de dólares estadounidenses en servizos ecosistémicos e eliminar da atmosfera entre 13 e 26 xigatoneladas adicionais de gases de efecto invernadoiro.
Cerceda, a 15 de marzo de 2019.- Declarada o pasado 1 de marzo pola Asemblea Xeral da ONU, a Década das Nacións Unidas para a Restauración dos Ecosistemas ten por obxecto incrementar en boa medida a restauración dos ecosistemas degradados e destruídos e loitar así contra o cambio climático, mellorar a seguridade alimentaria, a biodiversidade e a subministración de auga.
A restauración dos ecosistemas defínese como un proceso co que investir a degradación dos mesmos (paisaxes, lagos e océanos) a fin de recuperar a súa funcionalidade ecolóxica ou, o que é o mesmo, mellorar a súa produtividade e capacidade para satisfacer as necesidades da sociedade.
En todo caso, a restauración resulta fundamental para alcanzar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), especialmente os vinculados ao cambio climático, a erradicación da pobreza, a seguridade alimentaria, a auga e a conservación da biodiversidade, sendo tamén un alicerce fundamental das convencións ambientais internacionais tales como a Convención Ramsar sobre os humedais e as Convencións de Río sobre diversidade biolóxica, desertificación e cambio climático.
Trátase, por riba de todo, dun chamamento mundial á acción, xuntando o apoio político, a investigación científica e a capacidade financeira para ampliar a gran escala a restauración a partir de iniciativas piloto exitosas ata abarcar zonas de millóns de hectáreas.
Tal e como demostra a investigación, máis de 2.000 millóns de hectáreas de paisaxes deforestados e degradados no mundo contan con potencial para ser restaurados.
Na actualidade, preto do 20% da superficie cuberta de vexetación do planeta mostra unha tendencia decrecente na súa produtividade, con perdas de fertilidade vinculadas á erosión, o esgotamento e a contaminación. Para 2050, a degradación e o cambio climático poderían reducir os rendementos agrícolas nun 10% a nivel mundial e ata nun 50% en determinadas rexións.
A degradación dos ecosistemas terrestres e mariños afecta de forma moi negativa a 3.200 millóns de persoas e ten un custo próximo ao 10% do PIB mundial en perda de especies e servizos ecosistémicos. Pola súa banda, a restauración de 350 millóns de hectáreas de terras degradadas de aquí a 2030 podería xerar 9 billóns de dólares estadounidenses en servizos ecosistémicos e eliminar da atmosfera entre 13 e 26 xigatoneladas adicionais de gases de efecto invernadoiro.
Fonte: FAO
Imaxe: Pixabay
Saúdos, Departamento de Comunicación