- A OMM xa avanzou que, probablemente, será o ano máis cálido xamais rexistrado na terra, con temperaturas extremas, inundacións catastróficas e grandes incendios forestais, e todo isto aderezado cunha atmosfera con niveis récord de CO2
- A COP28 foi outro paso orientado a acadar un planeta máis sostible, pero cada vez faise máis complicado limitar a temperatura media do planeta por baixo dos 2ºC, tal e como establece o Acordo de París
Cerceda, a 17 de xaneiro de 2024.- O ano 2023 deixou récords climáticos en forma de temperaturas extremas vividas en moitos lugares do planeta, inundacións catastróficas, grandes incendios forestais, etc, e todo iso aderezado cunha atmosfera con niveis récord de CO2.
A Organización Meteorolóxica Mundial (OMM) xa avanzou que, probablemente, 2023 será o ano máis cálido xamais rexistrado na terra. Isto levou a que o lugar máis frío do planeta, a Antártida, rexistrase no mes de febreiro a estensión do xeo mariño máis pequena desde que en 1979 comezase a era das observacións satelitaos. Pola súa banda, en España constatouse o mes de agosto máis cálido, con dúas ondas de calor no ámbito xeográfico da Península e Baleares, e outras dúas en Canarias, segundo informou AEMET.
A temperatura do mar superou amplamente as marcas máis altas rexistradas no pasado, especialmente no Atlántico, o Caribe e o Golfo de México. O Mediterráneo tamén alcanzou valores moi altos e iso provocou tormentas moi intensas nalgunhas zonas de España.
A DANA que afectou o noso país no mes de setembro deixando importantísimos danos, pasará á historia polos seus rexistros torrenciais de choiva, provocando que algunhas localidades tiveran sumado máis de 200 litros por metro cadro en poucas horas, o que levou a crecidas súbitas de ríos e regatos.
COP28
Durante o mes de decembro celebrouse en Dubái a edición número 28 dos cumes mundiais do clima. Esta COP, a través do Acordo de Dubái, puxo a base para avanzar cara ao fin dos combustibles fósiles, recoñecendo a necesidade de reducir de forma intensa, e rápida, as emisións de gases de efecto invernadoiro. E todo isto sustentado na necesidade de triplicar as enerxías renovables, reducir o carbón, abandonar os combustibles fósiles e eliminar as subvencións ineficientes aos mesmos.
A COP28 foi outro paso para alcanzar un planeta máis sostible que loite contra o cambio climático, pero hai que facelo máis rápido, buscando alianzas e traballando a grandes pasos. Este 2024 celebrarase a COP número 29 en Acerbaixán e a do ano 2025 en Brasil. Serán Cumes que seguirán sumando anos de pequenos pasos, pero cada vez faise máis complicado limitar a temperatura media do planeta por baixo dos 2ºC, tal e como establece o Acordo de París consensuado no ano 2015.
Fonte: Ecovidrio