- Así se recolle nunha enquisa realizada por IPSOS a 16.000 persoas de 16 países diferentes.
- Xunto coa crise sanitaria, a poboación segue a estar preocupada polos problemas medioambientais.
- Pola súa banda, 4 de cada 5 enquisado en todo o mundo considera que cuestións como a contaminación, a degradación da natureza, a deforestación, a sobrepesca e o cambio climático suponen, a día de hoxe, unha grave ameaza para nosa saúde e benestar.
Cerceda, a 11 de xuño de 2020.- Con motivo da conmemoración do Día Mundial do Medio Ambiente, que tivo lugar o pasado 5 de xuño, IPSOS realizou unha enquisa a 16.000 persoas de 16 países diferentes a fin de coñecer as inquedanzas e percepcións que teñen os cidadáns respecto dos problemas medioambientais.
Dos resultados deste estudo despréndese que, en termos xerais, 3 de cada 4 persoas agardan que o coidado do medio ambiente se converta nunha prioridade no plan de recuperación tralo COVID-19. Este posicionamento é secundado en España polo 77% dos cidadáns, mentres que en China o é polo 91% e en Alemaña por menos do 36%.
Malia atoparnos inmersos nunha crise sanitaria global, os cidadáns continúan preocupados polos problemas medioambientais, maioritariamente en Alemaña, Francia e España, e en menor medida en Italia e Reino Unido.
Así mesmo, 4 de cada 5 enquisados en todo o mundo considera que cuestións como a contaminación, a degradación da natureza, a deforestación, a sobrepesca e o cambio climático supoñen hoxe en día unha grave ameaza para nosa saúde e benestar. Este sentimento é máis pronunciado en países tales como Chisa (93%), México (91%), Sudáfrica (90%), India e Italia (88%), sendo tamén moi importante para máis do 86% dos españois. Unha postura que, en todo caso, decae de forma pronunciada en Estados Unidos, cun 17%, e en Australia, cun 16%
Non obstante, e máis aló da toma de conciencia sobre os actuais problemas de saúde e medioambientais, a sociedade séntese responsable e comprometida coas próximas xeracións, sendo China e Sudáfrica os países máis comprometidos, cun 92% e 91% respectivamente, seguidos por España, cun 80%. Rusia e Estados Unidos son os que menos interiorizada teñen esta responsabilidade.
Fonte: IPSOS
Imaxe: Pixabay