- Trátase dunha iniciativa promovida por Ecoembes, a través de TheCircularLab, na que participa Campus Iberus, que dará cabida a estudantes de doce Universidades españolas, entre as que se atopa a da Coruña, capaces de xerar solucións innovadoras vinculadas á economía circular.
- Os retos formulados aos mozos e mozas son dous: como conseguir que os cidadáns reciclen máis e mellor, e como mellorar o deseño dos envases para que sexan máis sostibles, se reciclen mellor e incorporen materiais reciclados.
- Os estudantes seleccionados recibirán formación en ferramentas de innovación e terán a oportunidade de desenvolver competencias de traballo en equipos multidisciplinares.
Cerceda, a 9 de enero de 2019.- Ata as 12 do mediodía do próximo 1 de febreiro, TheCircularLab, o centro de innovación en economía circular de Ecoembes, ten aberto o prazo de inscrición para que os mozos e mozas interesados poidan acceder ao seu Circular University Challenge, unha iniciativa na que participa Campus Iberus e que dará cabida a estudantes de doce Universidades españolas, entre as que se atopa a da Coruña, capaces de xerar solucións innovadoras vinculadas á economía circular.
Neste caso, formúlase aos mozos e mozas dous retos concretos: como conseguir que os cidadáns reciclen máis e mellor, e como mellorar o deseño dos envases para que sexan máis sostibles, se reciclen mellor e incorporen materiais reciclados.
Os estudantes seleccionados recibirán formación en ferramentas de innovación e terán a oportunidade de desenvolver competencias de traballo en equipos multidisciplinares.
MODUS OPERANDI
Á data de inscrición, os participantes deben ter, alomenos, 18 anos e estar matriculados nalgunha das universidades contempladas nesta promoción. A candidatura poderá formalizarse individualmente ou por equipos. O proceso de avaliación realizarase en dúas fases. Durante a primeira, que terá unha duración de 8 semanas, os equipos deberán presentar un vídeo de ata 3 minutos de duración no que se darán a coñecer os seus membros e a idea desenvolvida, así como o material que se considere necesario para a mellor comprensión da mesma, que deberá ser subido ao espazo habilitado na plataforma web do programa.
En cada universidade participante formarase un xurado constituído por dúas persoas da propia institución e outras dúas de Ecoembes, decidindo o propio xurado que equipo pasará á segunda fase, onde xa deberán presentar maquetas, modelos e prototipos que desenvolvan as ideas formuladas na etapa anterior.
Con tal fin, formarase un novo xurado integrado por representantes de Ecoembes e das doce universidades participantes.
PREMIOS
No caso dos equipos seleccionados para a segunda fase, dous integrantes de cada equipo accederán a unha formación na metodoloxía Sprint de Google valorada en 1.700 euros por persoa, e que terá lugar en Logroño, recibindo igualmente unha bolsa de viaxe de 350 euros para gastos de desprazamento e aloxamento.
Adicionalmente, os integrantes do equipo gañador poderán participar no Programa Circular Talent Lab para o desenvolvemento do seu proxecto, cunha duración prevista de cinco meses e medio, recibindo unha beca e unha bolsa de traballo.
Á vista dos resultados obtidos no Circular Talent Lab, Ecoembes poderá ofrecer ao equipo gañador formar parte do programa de emprendemento do Circular Lab, recibindo asesoramento para a posta en marcha dunha startup. Unha vez formada esta, poderase asinar un contrato inicial con Ecoembes para a prestación de servizos de ata 50.000 euros no programa de aceleración de empresas. Así mesmo, o equipo gañador tamén participará no proxecto Libera de Ecoembes durante unha semana cos gastos de aloxamento pagados e unha bolsa de viaxe de 250 euros por participante.
Toda a información en www.circularuniversitychallenge.com
Fonte e imaxe: www.thecircularlab.com
Saúdos, Departamento de Comunicación