- Felicitación de Nadal do presidente executivo de Sogama, Javier Domínguez Lino
Lamentablemente, tampouco este ano que estamos a piques de culminar foi fácil para a cidadanía. Coa sombra da pandemia que nos arrebatou o 2020 e que axexou de forma recorrente todos estes meses, moitas empresas tiveron que facer un esforzo titánico para soportar unhas circunstancias sen precedentes marcadas pola loita contra un inimigo invisible con moitas caras e que castigou á poboación á poboación a través de múltiples frontes: desde o sanitario e o económico ata o ambiental e o social.
Con todo, mesmo das experiencias máis negativas, extráese algo positivo e, neste caso, moitos aprendemos a valorar comportamentos e rutinas que tivemos que abandonar para facer fronte á Covid-19.
Ogallá 2022 sexa o ano da proximidade, da volta ás apertas, da proximidade coas nosas familias, compañeiros de traballo e amigos. Ogallá sexa o ano da recuperación, tamén anímica, e ogallá sexa o ano da reactivación para aqueles que perderon os seus negocios, o seu traballo, os seus seres queridos. Pero non perdamos o tempo en lamentacións. Miremos cara adiante e abramos a porta a un novo ano con ilusión, esperanza e vibracións positivas.
Malia as vicisitudes coas que tivemos que lidiar desde fai case tres décadas, en Sogama aprendemos a Resistir. É o noso quinto erre. E isto fíxonos máis fortes e resilientes.
Vivamos con intensidade o presente, pero fagamos que sexa un presente sostible e circular para que os nosos fillos e fillas poidan herdar un futuro redondo.
Presidente
Javier Domínguez Lino