- A pandemia converteu o distanciamiento físico e social na norma que todos debemos seguir fielmente para frear a propagación desta enfermidade.
- Pero a situación na que nos atopamos non significa que debamos deixar de manternos activos físicamente nin que abandonemos o contacto cos nosos compañeiros de equipo, adestradores, instrutores, etc … Ao contrario, debemos continuar en boa forma física e socialmente activos.
- O sentimento de equipo e o afán de superación axudaranos a loitar contra as dificultades actuais.
Cerceda, a 6 de abril de 2020.- Hoxe, 6 de abril, conmemórase, nunhas circunstancias sen precedentes, o Día Internacional do Deporte para o Desenvolvemento e a Paz.
A pandemia do COVID-19, que se está a estender a un ritmo alarmante por diversos países, territorios e rexións de todo o mundo, converteu o distanciamiento físico e social na norma que todos debemos seguir fielmente para frear a propagación da enfermidade.
O peche de ximnasios, instalacións deportivas, estadios, piscinas públicas, salóns de baile e parques infantís propiciou que, moitos de nós, non podamos seguir practicando da mesma forma actividades deportivas ou físicas, nin individualmente nin en grupo, do mesmo xeito que tampouco podamos asistir a eventos deportivos.
Pero a situación na que nos atopamos non significa que debamos deixar de manternos activos físicamente nin que abandonemos o contacto cos nosos compañeiros de equipo, adestradores, instrutores, etc … Ao contrario, debemos estar en boa forma física e socialmente activos.
A Organización Mundial da Saúde recomenda alomenos 150 minutos de actividade física de intensidade moderada ou 75 minutos de intensidade alta por semana, ou unha combinación de ambas. Tamén nos dá consellos sobre como facer exercicio en espazos pequenos e sen equipamento. Existe unha gran cantidade de materiais online, gratuitos e accesibles, destinados a alentarnos a todos, a calquera idade e con calquera condición física, a manternos en forma.
Ao longo da historia, o deporte desempeñou unha importante función social, configurándose como unha poderosa ferramenta para fortalecer lazos e promover o desenvolvemento sostible, a paz, o benestar, a solidariedade e o respecto.
A pesar do distanciamiento físico e social, o sentimento de equipo e o afán de superación axudaranos a facer fronte ás dificultades actuais.
Unidos na distancia, con fuerza e tesón, fronte ao coronavirus.
#MantenteActivo fronte ao #COVID-19
Fonte: ONU
Imaxe: Pixabay