- O aluminio é 95% reciclable sen merma das súas calidades, e a enerxía que precisa o proceso de reciclado apenas alcanza o 5% da requirida para producir aluminio primario.
- Os envases alimentarios feitos con aluminio teñen outras moitas propiedades: boa capacidade illante, resistencia á calor e á auga, durabilidade, peso lixeiro e boa conservación da temperatura.
- Todo isto avala, tal e como sinala a Asociación Española do Aluminio, a idoneidade deste material para avanzar cara á economía circular.
Cerceda, a 25 de maio de 2020.- Unha das conclusións do estudo realizado por Ipsos “Un mundo de usar e tirar”, no que participaron 28 países, apunta a que tres de cada catro consumidores mundiais -un 75%- móstranse a favor de comprar produtos que fagan uso do menor número posible de envases plásticos. Esta porcentaxe sobe en España, onde 8 de cada 10 consumidores están de acordo con este compromiso.
Así mesmo, o informe revela que, a nivel global, o 71% dos cidadáns cre que habería que prohibir canto antes os produtos de plástico dun só uso. Neste sentido, 7 de cada 10 españois estaría a favor da total eliminación dos mesmos.
PLENAMENTE CIRCULAR
O aluminio é 95% reciclable sen merma das súas calidades, e a enerxía que precisa o seu proceso de reciclado apenas alcanza o 5% da requirida para producir aluminio primario.
A clave á hora de lograr optimizar os envases e embalaxes é o ecodeseño, fundamental para que as empresas logren axustarse aos criterios de sostibilidade, procurando ao mesmo tempo que o impacto da súa actividade sobre o medio ambiente se minimice.
Ademais da firme aposta polo ecodeseño, a Asociación Española do Aluminio subliña que os envases alimentarios fabricados con este material teñen outras moitas propiedades: boa capacidade illante, resistencia á calor e á auga, durabilidade, peso lixeiro e boa conservación da temperatura.
Segundo o estudo referenciado, o 76% dos españois afirma sentirse mellor coas marcas que están facendo cambios nas súas políticas empresariais para introducir outros materiais máis sostibles. Isto demostra que os consumidores están a mudar os seus hábitos de compra e que premian ás firmas comprometidas co medio ambiente.
Outro dato de interese é que, no noso país, o 63% das persoas estarían dispostas a cambiar o lugar onde realizan a compra se isto implica utilizar menos plásticos.
A economía circular é e será elemental como impulso da transformación dos sistemas cara a unha economía cero neta e que non favoreza o incremento os efectos do cambio climático. O aluminio, en calidade de material infinitamente reciclable, avala a súa idoneidade para avanzar cara ao desenvolvemento circular.
Fonte: Retema
Imaxe: Pixabay