- A Asociación Española de Basuras Marinas (AEBAM) recorda que artigos sanitarios tales como mascarillas, luvas, xeles hidroalcohólicos, panos ou toallitas desinfectantes, deben utilizarse de forma axeitada y depositalos no contedor correspondente tralo seu uso.
Cerceda, a 30 de abril de 2020.- Se ben o confinamiento obrigado polo COVID-19 permitiu dar un certo respiro á natureza debido á gran redución da actividade humana a nivel mundial, o certo é que se está alertando sobre a presenza de mascarillas e outros residuos sanitarios en praias de illas deshabitadas de Asia, comezando a aparecer tamén polas rúas.
A pandemia do coronavirus modificou os nosos hábitos e esíxenos ser máis prudentes e meticulosos coa protección e a hixiene, facéndose necesario o uso de artigos sanitarios cos que non estabamos familiarizados tales como mascarillas, luvas, xeles hidroalcohólicos, panos ou toallitas desinfectantes.Son elementos necesarios que deben utilizarse con responsabilidade e asegurarse que, tralo seu uso, son depositados no lugar axeitado e que nunca acaben abandonados na contorna.
É por isto que expertos da Asociación Española de Basuras Marinas (AEBAM) fan especial fincapé en seguir as recomendacións establecidas en materia de xestión de residuos. As luvas, mascarillas desbotables e toallitas húmidas deben ser depositadas, xunto coa fracción resto, no contedor xenérico. Baixo ningún concepto no inodoro Pola súa banda, o destino dos envases plásticos de xel hidroalcohólico debe sero contedor amarelo.
Pilar Zorzo, Presidenta de AEBAM, indicou ao respecto que “é clave que o cidadán entenda que un residuo abandonado nunha cidade, ao final pode acabar chegando á natureza, e en ocasións, aos nosos mares e océanos, xa sexa transportado polo vento ou os ríos”, ao que engadiu que “da nosa actuación depende que non se convertan nin nun risco sanitario, nin nun problema para o medio ambiente. Debemos ser responsables e conscientes á hora de desbotarlos, para evitar que, unha vez resolta a urxencia sanitaria, se orixine un problema ambiental”.
A AEBAM recorda igualmente que, ao non abandonar estes residuos, favorecemos e axudamos aos servizos de limpeza e, polo tanto, á seguridade de todos.
Fonte: Retema
Imaxe: Pixabay