- O 9º Punto de Encontro terá lugar en Madrid o próximo 29 de setembro, coincidindo coa conmemoración do Día Internacional de Concienciación sobre a Perda e o Desperdicio de Alimentos.
Cerceda, a 23 de setembro de 2021.- AECOC (Asociación de fabricantes e distribuidores) celebrará, o próximo 29 de setembro, coincidindo coa conmemoración do Día Internacional de Concienciación sobre a Perda e o Desperdicio de Alimentos, decretado pola ONU, o 9º Punto de Encontro Contra o Desperdicio Alimentario. Terá lugar en Madrid (Auditorio do centro cultural Eduardo Úrculo) e no mesmo mostraranse algunhas das iniciativas máis innovadoras e exitosas de empresas e administracións públicas para evitar a perda de alimentos.
Neste sentido, a responsable de sostibilidade de Lidl, Michaela Reischl, detallará o plan da compañía para a recuperación de todo o pan e produtos de panadería non vendidos e a súa reconversión en pienso para animais. Pola súa banda, a directora de sostibilidade de CAPSA, Estefanía Iglesia, explicará os traballos que levaron á empresa para ser recoñecida en dúas ocasións consecutivas cos premios da European Week for Wate Reduction, centrados na prevención de residuos no ámbito europeo.
O encontro tamén contará coa participación dunha das startups máis disruptivas na loita contra o desperdicio alimentario. A app de Phenix pon en contacto aos consumidores cos supermercados, comercios e restaurantes dos seus barrios para evitar a perda dos produtos alimentarios que non se venderon ao longo da xornada. O servizo conta con máis de 10.000 comercios adheridos, 2 millóns de usuarios e, en 2020, logrou rescatar máis de 44 millóns de racións de comida que, doutra maneira, acabarían desperdiciadas.
Un dos grandes retos é reducir as perdas de produtos frescos no sector primario. Por iso, o evento contempla unha mesa redonda na que participarán os responsables de empresas líderes do sector hortofrutícola, como é o caso de Unica Group, Sat Trops e Afrucat, co obxectivo de explicar as iniciativas desenvolvidas nestas organizacións para avanzar no obxectivo de lograr o desperdicio cero.
Así mesmo, programouse outra mesa redonda na que portavoces de destacados concellos de España analizarán como as administracións públicas están a lanzar iniciativas de sensibilización da cidadanía e de colaboración público-privadas para previr a perda e o malgaste de alimentos.
SOBRE AECOC
O Punto de Encontro AECOC Contra o Desperdicio Alimentario é un evento que reúne a máis de 300 profesionais da cadea agroalimentaria para xuntar esforzos e loitar de maneira conxunta contra o desperdicio de alimentos.
O encontro analiza cada ano destacados casos de éxito impulsados desde o sector primario, a industria e a distribución alimentaria, mostrando os mellores expoñentes nacionais e internacionais.
Fonte e imaxe: FuturEnviro