- Baixo o título "Estrellas contra el desperdicio", foi apadriñado na súa presentación por Vicente del Bosque, contando cun prólogo do actor Jesús Vidal.
- No mesmo recóllense 30 receitas de aproveitamento elaboradas e cedidas desinteresadamente polos principais chefs da gastronomía española.
- Todos os beneficios recadados da venda desta publicación destinaranse á Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL).
Cerceda, a 26 de abril de 2021.- A Asociación de Empresas do Gran Consumo AECOC presentou recentemente “Estrellas contra el desperdicio”, o primeiro libro solidario no que se recollen 30 receitas de aproveitamento elaboradas e cedidas desinteresadamente polos principais chefs da gastronomía española, pretendendo tamén a través do mesmo convidar á cidadanía a reflexionar sobre o valor dos alimentos.
Todos os beneficios derivados da venda do libro destinaranse a FESBAL (Federación Española de Banco de Alimentos).
A presentación da publicación foi apadriñada, de forma totalmente desinteresada, por Vicente del Bosque, quen sinalou que “non podemos cometer a irresponsabilidade de tirar comida cando desgraciadamente hai tantas persoas que se ven privadas deste ben de primeira necesidade. Debemos reflexionar sobre o valor dos alimentos e este libro é unha boa maneira de facelo”. O libro tamén contou coa colaboración do actor Jesús, encargado de escribir o prólogo.
PROXECTO “A ALIMENTACIÓN NON TEN DESPERDICIO”
Desde 2012 AECOC coordina a iniciativa ‘A alimentación non ten desperdicio’, que na actualidade aglutina a máis de 650 empresas fabricantes e distribuidoras para evitar a xeración de residuos alimentarios no sector.
Entre as súas liñas de actuación, a Asociación organiza cada ano o Punto de Encontro contra o Desperdicio Alimentario para compartir as boas prácticas e iniciativas que se están a levar a cabo polas empresas para evitar o desperdicio de alimentos.
Actualmente, coordina tamén a constitución dunha Rede de Concellos contra o Desperdicio Alimentario para impulsar proxectos que impliquen ás empresas locais e á cidadanía na loita contra este fenómeno.
Fonte e imaxe: FuturEnviro