- Terá lugar entre o 21 e o 28 de setembro e na mesma participarán todos os elos da cadea alimentaria, despregando ao mesmo tempo unha serie de accións polo conxunto de España para concienciar á poboación sobre a necesidade de evitar o desperdicio alimentario.
- O evento enmárcase na campaña 'A alimentación non ten desperdicio', á que están adscritas medio milleiro de empresas de distribución do país que conseguiron reducir o seu desperdicio alimentario desde un 1,78% en 2013 ata un 0,75%.
Cerceda, a 29 de julio de 2019.- Tras unha primeira exitosa edición, que tivo lugar o pasado ano, AECOC (Asociación de Fabricantes e Distribuidores) celebrará, entre o 21 e o 28 de setembro, a “2ª Semana AECOC contra o desperdicio alimentario”, un evento no que participarán todos os elos da cadea alimentaria (desde produtores e grandes centros de distribución ata asociacións de consumidores) e despregará accións polo conxunto de España para informar, formar e concienciar aos consumidores e á opinión pública en xeral sobre a necesidade de evitar o desperdicio alimentario e recuperar o valor da comida.
O evento enmárcase na campaña 'A alimentación non ten desperdicio', á que están adscritas medio milleiro de empresas. Tras oito anos en vigor, logrou resultados moi positivos, toda vez que as principais empresas de distribución do país reduciron o seu desperdicio alimentario, con negativas consecuencias desde o punto ambiental, económico e social, baixando dun 1,78% en 2013 a un 0,75% do total comercializado.
Tamén dentro da 2ª semana contra o desperdicio alimentario de AECOC, celebrarase o VII Punto de Encontro, que terá lugar en Madrid o 26 de setembro. Alí daranse cita máis de 300 profesionais europeos da cadea agroalimentaria (administración pública, empresas, asociacións de consumidores e bancos de alimentos) para abordar de xeito conxunto a loita contra o desperdicio de alimentos, representando unha magnífica ocasión para o intercambio de coñecementos, ideas e experiencias.
Refúgase un terzo dos alimentos producidos no mundo para o consumo humano e España é o sétimo país da Unión Europea que máis comida desperdicia, con 7,7 millóns de toneladas.
Fonte e imaxe: Retema
Saúdos, Departamento de Comunicación