
- Ambas as dúas entidades celebraron en Bizkaia unha xornada técnica na que se puxo de relevo a importancia da valorización enerxética da parte non reciclable dos residuos para reducir a vertedura e avanzar cara aos obxectivos de reciclaxe da UE
Cerceda, a 26 de febreiro de 2025.- A Asociación Española de Empresas de Valorización Enerxética de Residuos Urbanos (AEVERSU) e o Consorcio de Augas de Bilbao Bizkai (CABB) celebraron, no WestLab de Bizkaia, unha xornada técnica que virou ao redor dos desafíos e oportunidades que ofrece a transformación dos residuos non reciclables en enerxía como paso esencial para avanzar cara a unha economía máis circular.
O evento, constituído como punto de encontro entre coñecemento, experiencia e visión estratéxica, contou coa participación de autoridades tales coma o director xeral de Medio Ambiente da Deputación Foral de Bizkaia, Alex Peláez; o presidente de AEVERSU, Joaquín Pérez Viota; ou o director xerente do CABB, Pedro Barreiro Zubiri.
Joaquín Pérez Viota, presidente de AEVERSU, sinalou que “a valorización enerxética é unha tecnoloxía madura, contrastada e comprobada en Europa, que debe aumentar o seu papel na xestión sostible dos residuos municipais en España para contribuír á descarbonización da nosa economía”.
Durante a xornada, celebrouse tamén unha mesa redonda centrada na “importancia da valorización enerxética’ e que moderou Olga Martín, directora Xeral de Aclima, contando coa participación de Miguel Moralejo, director xerente de Remesa (AEVERSU); Jon Sáenz de Viguera, director xerente de Garbiker; Javier Marqués, director de desenvolvemento de proxectos do EVE; e Arancha Porras, Directora de Biscay Eco Aggregates (ALBA-Petronor).
Iniciativas como esta eríxense nun claro exemplo da importancia que ten a colaboración e coordinación entre o sector público e privado a fin de lograr os obxectivos propostos pola Unión Europea para 2035, que establecen que máis do 65% dos residuos municipais deben ser reciclados e que o residuo depositado en vertedoiro non debe superar o 10%. Para alcanzar estas metas, necesítase que alomenos o 25% dos residuos sexan tratados en plantas de valorización enerxética.
Fonte e imaxe: Aeversu