- Co lema “Mucho más de lo que imaginas”, a Asociación española de fabricantes de envases e embalaxes de cartón ondulado (AFCO), lanzou unha campaña na que grandes empresas explican o que lles reporta o cartón e como contribúe á eficiencia de cada un dos seus negocios.
- Entre os beneficios deste material destacan a seguridade dos produtos, o alto valor loxístico, a súa vertente ambiental (ao ser renovable, reciclable e biodegradable), e a súa versatilidade e fiabilidade, ademais doutros.
Cerceda, a 17 de febreiro de 2021.- Co lema “Mucho más de lo que imaginas”, a Asociación española de fabricantes de envases e embalaxes de cartón ondulado (AFCO), lanzou unha campaña na que grandes empresas explican o que lles reporta o cartón e como contribúe á eficiencia de cada un dos seus negocios.
A través dos testemuños de directivos de diferentes departamentos, dan a coñecer os valores esenciais que posicionan ao cartón como un elemento solucionador para a cadea de subministración no seu conxunto, con funcións que van moito máis aló da protección dos produtos nos procesos de transporte e loxística.
Para unha das firmas, a caixa agrícola de cartón é unha solución óptima que garante frescura e seguridade para as súas froitas e hortalizas, tanto no ámbito nacional como no proceso de exportación. Noutros casos, o rol do envase de cartón como ferramenta de márketing é o aspecto máis relevante porque contribúe á comunicación de marca e convértese en parte importante da experiencia de compra.
Outra das compañías aprecia o alto valor loxístico da embalaxe de cartón nos seus procesos e o compoñente emocional que achega aos clientes. Tamén se salienta o feito de que a elección de envases renovables, reciclables e biodegradables de cartón é un exemplo de compromiso sostible. Igualmente, enxálzase a versatilidade e a fiabilidade das embalaxes de cartón, que permiten exportar produtos nacionais con paquetes de diversas formas e tamaños.
A campaña divúlgase en formato dixital e pódese acceder á mesma a través da web afco.es/ muchomasdeloqueimaginas, as canles de Twitter e Linkedin, así como en revistas sectoriais de gran consumo.
Segundo destacou Leopoldo Santorromán, presidente de AFCO, “O cartón goza de características inherentes que achegan un valor diferencial e favorecen as estratexias baseadas en eficiencia, sustentabilidade e comunicación. Como di o claim da campaña, unha caixa de cartón é moito máis do que imaxinamos”, ao que engadiu “Cabe lembrar que as compañías que formamos parte da industria de envases de cartón formamos parte dunha gran cadea, a do papel, que é capaz de xerar un importante impacto na economía española, contribuíndo ao seu crecemento e impulsando a creación de postos de traballo”, conclúe Santorromán.
Fonte: AFCO
Imaxe: Pexels