- Este traballo enmárcase no proxecto MICROPLASTICS 2020, co que pretende elaborar unha metodoloxía estandarizada, a día de hoxe inexistente, para a detección, identificación e cuantificación de microplásticos, controlando a súa presenza en diferentes etapas dos procesos industriais.
- O seu obxectivo é axudar ás empresas a mellorar a súa seguridade ambiental e anticiparse a futuras regulacións na materia.
Cerceda, a 28 de xuño de 2021.- AIMPLAS (Instituto Tecnolóxico do Plástico) está a levar a cabo o proxecto MICROPLASTICS 2020, co que pretende desenvolver unha metodoloxía estandarizada, a día de hoxe inexistente, para a detección, identificación e cuantificación de microplásticos (fragmentos plásticos de tamaño inferior a 5 mm), controlando a súa presenza en diferentes etapas dos procesos industriais.
A finalidade do instituto tecnolóxico é axudar ás empresas a mellorar a súa seguridade ambiental e anticiparse a futuras regulacións sobre o uso ou xeración de microplásticos en produtos e efluentes industriais.
O nivel de tecnoloxías analíticas e de coñecemento necesarios para alcanzar o devandito obxectivo é tan elevado, que as compañías deben recorrer ao apoio de centros altamente especializados e cualificados para dar resposta a esta demanda.
As restricións sobre a presenza, o uso ou a xeración de microplásticos en procesos industriais debe ir, previsiblemente, da man dunha definición dos protocolos para a análise de microplásticos, e unha estandarización dos mesmos. Pola súa banda, as empresas deberán prestar atención, non só á correcta selección das substancias de partida (impurezas, subprodutos e contaminantes), senón tamén ás etapas de procesado, desde o material de partida ata o artigo final, tendo en conta as posibilidades de xeración, introdución ou eliminación de microplásticos en cada unha delas.
Para AIMPLAS, este proxecto é o inicio dunha nova liña de investigación na que conta coa participación de distintas empresas mediante a achega de casos de estudo e de información relacionada co seu proceso produtivo. A devandita cooperación permitirá ao centro tecnolóxico dar continuidade e consolidar esta liña de investigación a través da transferencia gratuíta dos resultados, tanto ás firmas colaboradoras nos paquetes técnicos como ao resto da industria a través de informes e entregables públicos.
Fonte: Aimplas
Imaxe: Pexels