- Así o indicou a súa presidenta, Maruxa Pérez, nunha entrevista concedida ao espazo radiofónico Ecovoz, onde abundou no carácter estratéxico do sector dos residuos durante a crise do COVID-19, resultando esencial para a protección do medio ambiente e a saúde.
Cerceda, a 5 de maio de 2020.- Desde o seu nacemento, en 1998, dous meses despois de que se crease a primeira Consellería de Medio Ambiente na nosa comunidade, APROEMA (Asociación Profesional de Empresas Medioambientais de Galicia) estivo ao pé do cañón velando pola protección da contorna e a creación de emprego verde vinculado ao sector ambiental.
Non en van, tal e como explicou a súa presidenta, Maruxa Pérez, no programa radiofónico Ecovoz, “aglutinamos unha potente forza laboral vinculada ao medio ambiente galego e cunha importante representación do ámbito da xestión dos residuos (tanto urbanos como industriais) ademais doutros tales como a consultoría, a ingeniería, as tecnoloxías, etc”.
A súa traxectoria ao longo de dúas décadas dotou a esta organización de sabedoría e experiencia, vivindo de preto a evolución dun sector, como é o caso dos residuos, que aos poucos está a ser valorado pola poboación dado o seu carácter esencial, como así se está comprobando precisamente durante a crise do COVID-19, resultando estratéxico na preservación do medio ambiente e a saúde.
Desde as súas orixes, Aproema levou a cabo unha tarefa discreta, pero sempre constante, sendo a súa máxima o rigor e o desenvolvemento de accións en perspectiva e en plena sintonía coas demandas e necesidades de cada momento. “Estivemos sempre na punta de lanza, intentando colaborar coa Administración, aportando a nosa visión dos acontecementos e defendendo os intereses do sector dos residuos, cunha complexa situación”, sinalou Pérez, ao que engadiu que “se ben é un servizo absolutamente necesario, ninguén quere ter o lixo preto da súa casa, polo que as actuacións complícanse, requirindo de moita información, formación, concienciación e innovación”.
ACTIVIDADES
A Asociación Profesional de Empresas Mediaombientais de Galicia, á que está adscrita Sogama, organiza periódicamente distintas actividades para que os seus membros, así como calquera interesado, poida estar ao día sobre as novidades ambientai
Este ano promoveron unha serie de almorzos ambientais que deron comezo, no mes de febreiro, con un específico sobre refugallos de construción e demolición, prevendo un segundo sobre o residuo textil que, finalmente, e debido ao decreto do estado de alarma, tívose que pospoñer.
A iniciativa tivo continuidade, pero cun cambio de formato esixido polas actuais circunstancias. Así, o pasado 23 de abril levaron a cabo unha xornada virtual sobre xestión de biorresiduos, prevendo outras en próximas datas sobre residuos de aceites e augas residuais.
Imaxe: Aproema