- Inspirada no concepto “Cradle to Cradle” (Do berce ao berce), a guía eríxese nun instrumento de axuda para os profesionais que traballan na implementación de C2C, coñecido tamén como deseño rexenerativo aplicado a sistemas e edificios que crean un impacto ecolóxico beneficioso sobre a contorna.
- C2C fundaméntase na necesidade de xestionar e eliminar residuos mediante a reutilización e a reciclaxe de materiais.
- Na actualidade, ARUP, cuxo labor desenvolvese nunha cultura empresarial cimentada sobre a sostibilidade e a procura dun impacto positivo duradeiro para a sociedade en xeral, emprega ao redor de 14.000 persoas en máis de 34 países.
Cerceda, a 29 de abril de 2019.- ARUP, a firma independente de profesionais vinculados á contorna da construción, lanzou unha guía para o deseño circular dos servizos deste sector e inspirada no concepto “Cradle to Cradle” (Do berce ao berce).
A publicación eríxese nun instrumento de axuda para os profesionais que traballan na implementación de C2C, coñecido tamén como deseño rexenerativo aplicado a sistemas e edificios que crean un impacto ecolóxico beneficioso sobre a contorna, ofrecendo un “equilibrio positivo”. É por iso que C2C fundaéentase na necesidade de eliminar a produción de residuos mediante a reutilización de materiais.
A guía referenciada describe a aplicación do deseño de C2C ás diferentes disciplinas que conforman os servizos de construción, isto é, instalacións de augas, de gas e subministración de combustible; sistemas de calefacción, de arrefriado e de ventilación; instalacións eléctricas; instalacións de voltaxe extra baixo (ELV); transporte vertical; sistemas específicos de uso/especializados; e sistemas de xestión/control de edificios.
Detalla tamén os aspectos a considerar en cada fase do deseño, incorporando os conceptos de “eliminar residuos” e “deseñar para desensamblar”, orientando en torno á selección de materiais e métodos de construción a fin de que os materiais empregados poidan ser reutilizados e reciclados ao final da súa vida útil.
No prólogo, William McDonough, líder en desenvolvemento sostible recoñecido a nivel mundial e coautor do libro de 2002 “Cradle to Cradle: Remaking the Way We Make Things”, agradeceu a profundidade do informe, á vez que recoñeceu os desafíos que quedan por diante.
Na actualidade, ARUP, cuxo labor se desenvolve nunha cultura empresarial cimentada sobre a sostibilidade e a procura dun impacto positivo duradeiro para a sociedade en xeral, emprega ao redor de 14.000 persoas en máis de 34 países.
O equipo sinala que un deseño inspirado en C2C non pode ser alcanzado por si só en ningunha disciplina, senón que requirirá do desenvolvemento de solucións holísticas que crucen as disciplinas de deseño tradicionais. Neste sentido, considera que a guía deu resposta a un importante reto: ofrecer orientación para todas as disciplinas de servizos de construción.
Fonte e imaxe: www.arup.com
Saúdos, Departamento de Comunicación