- Co nome AP- Waste, baséase na biodegradación natural dos agroplásticos mediante insectos, obtendo a partir da mesma produtos de valor engadido tales como materiais plásticos ou biofertilizantes, que serán reincorporados á cadea de produción agraria.
- Prevese que esta iniciativa, na que particípa activamente SIGFITO, traia consigo unha redución de emisións na agricultura de 1.367,89 T de CO2 e de 866,64 T de amoníaco e que, por tanto, contribúa á loita contra o cambio climático.
- AP- Waste pretende incrementar a recollida e xestión de plásticos agrarios nun 50% ata 2025.
Cerceda, a 3 de xuño de 2020.- A Asociación Agraria de Jóvenes Agricultores (ASAJA), co apoio de SIGFITO, impulsou o proxecto
AP- Waste co obxectivo de reducir a presenza de residuos plásticos na agricultura. Para isto, apostouse por un proceso innovador, pioneiro en España, no que se usan insectos cos que biodegradar de forma natural os agroplásticos. Unha vez finalizada a descomposición, obteranse novos produtos de valor engadido tales como materiais plásticos ou biofertilizantes, que serán reincorporados á cadea de produción agraria.
Así mesmo, esta iniciativa de economía circular contribuirá á loita contra o cambio climático, xa que, segundo os datos do informe do propio proxecto, estímase unha redución de emisións na agricultura de 1.367,89 T de CO2 e de 866,64 T de amoníaco.
XESTIÓN SOSTIBLE DOS PLÁSTICOS AGRARIOS
España é un dos principais consumidores europeos de plásticos agrarios, con 220.000 toneladas/ano, e a correcta xestión dos residuos ao final da súa vida útil é un reto no que están implicados produtores de plásticos, agricultores e xestores de residuos. De feito, AP- Waste pretende incrementar a recollida e xestión de plásticos agrarios nun 50% ata 2025.
Prevese que os resultados deste proxecto contribúan a un sector agrícola e forestal máis eficiente no uso de recursos, que sexa economicamente viable, produtivo e competitivo, que teña un escaso nivel de emisións, respectuoso co clima, resistente ao cambio climático e que oriente o seu traballo cara a sistemas de produción ecolóxica, en plena harmonía cos recursos naturais esenciais dos que depende a agricultura.
Desta forma contribuirase a un abastecemento, estable e sostible, de alimentos, piensos e biomateriais, acurtando a distancia entre a oferta científica investigadora e as necesidades dos sectores agrario, alimentario e forestal.
Fonte e imaxe: SIGFITO