- Estima que nos meses de decembro e xaneiro recolleranse 907.000.000 de quilos de papel e cartón, un 20% máis que o pasado ano.
- A industria papeleira española é a terceira máis recicladora de Europa, e por iso pode garantir a reciclaxe de todo o papel que se recolle conforme aos estándares europeos.
Cerceda, a 18 de decembro de 2019.- Se ben os españois contribuímos á reciclaxe do papel e cartón durante todo o ano, en Nadal crece esta achega. De feito, ASPAPEL prevé que nos meses de decembro e xaneiro a recollida deste material para reciclar se incremente nun 4% respecto ao ano pasado.
Nos meses de Nadal recolleranse 907.000.000 quilos de papel e cartón, un 20% do recollido en todo o ano. Estes datos inclúen a recollida selectiva municipal a través do contedor azul, o porta a porta e os puntos limpos, ademais da recollida de operadores privados en grandes superficies de distribución, imprentas, industrias, etc.
Para unha reciclaxe de calidade e para evitar que os contedores azuis se colapsen, axudando ao mesmo tempo a manter as rúas limpas, ASPAPEL propón seis consellos claves:
- Papel e cartón ao contedor azul: son 100% reciclables.
- Só papel: resulta esencial non introducir neste contedor outros materiais que non sexan papel e cartón (como bolsas de plástico, cordas…) e que dificultan a reciclaxe.
- Plegar as caixas: desta forma non ocuparán máis espazo do necesario no contedor.
- Evitar os días punta: é o caso do día de Nadal, Ano Novo e Reis.
- Reciclaxe garantida e esforzo con recompensa: a industria papeleira española é a terceira máis recicladora de Europa, só por detrás de Alemaña e Francia, e por iso pode garantir a reciclaxe de todo o papel que se recolle conforme aos estándares europeos.
Segundo os datos de ASPAPEL, a industria papeleira española, referente en economía circular, prevé reciclar este ano máis de 5.100.000.000 quilos.
Fonte e imaxe: ASPAPEL
Saúdos, Departamento de Comunicación