- Ademais de garantir que os alimentos chegasen aos fogares durante os períodos máis críticos da Covid-19, os agricultores españois contribuíron á reciclaxe do 63% dos envases, 3 puntos porcentuais máis que en 2019.
- Así mesmo, o pasado ano rexistrouse a cifra máis alta de envases recollidos da historia, con máis de 5.000 toneladas.
- A reciclaxe dos envases SIGFITO permitiu o aforro da emisión de 7.000 toneladas de CO2.
Cerceda, a 16 de xullo de 2021.- A reciclaxe dos envases agrarios co selo de SIGFITO aumentou significativamente malia a pandemia. Máis aló do esforzo realizado polos agricultores españois en prover de alimentos aos centros de distribución durante os momentos máis críticos da Covid-19, garantindo desta forma que os produtos chegasen aos fogares, tamén contribuíron, nun exercicio de responsabilidade ambiental, á reciclaxe dos envases de SIGFITO postos no mercado, concretamente un 63%, 3 puntos máis que en 2019.
Así mesmo, víronse incrementadas as cifras de recollida, chegando a máis de 5.000 toneladas, dato que evidencia o compromiso do sector coa preservación da contorna, propiciando con isto o aforro de máis de 7.000 toneladas de CO2.
Estes datos veñen a confirmar que produción e protección ambiental son perfectamente compatibles, coa particularidade de que un medio ambiente limpo e saudable, será tamén un medio máis produtivo
Segundo datos de SIGFITO, o crecemento progresivo da reciclaxe de envases agrarios durante os últimos 5 anosevidencia unha maior concienciación ambiental por parte do sector agrario. Mentres que en 2015 rexistrouse un 48% de envases reciclados e 3.324 toneladas de envases recollidos, en 2020 chegouse a un 63% de envases reciclados con 5.012 toneladas recollidas, e isto grazas ao servizo proporcionado por 5.000 puntos de recollida distribuídos polo conxunto do territorio nacional.
A calidade do servizo prestado por SIGFITO tamén fixo posible que aumentase o número de empresas adheridas a este SIX. Se ben en 2015 rexistráronse 6.926 toneladas de envases agrarios postos no mercado, en 2020 esta cantidade subiu ata as 7.955 toneladas.
SOBRE SIGFITO
SIGFITO é unha entidade sen ánimo de lucro autorizada legalmente nas 17 Comunidades Autónomas como sistema de recollida de envases baleiros de fitosanitarios, fertilizantes, bioestimulantes ou nutricionais .
Este sistema de recollida leva preto de dúas décadas traballando para que o campo español estea libre de envases.
Unha vez consumido os produtos, os agricultores deposítanos, baleiros e limpos, nos puntos SIGFITO. Alí solicitan un albará para xustificar o cumprimento da lexislación vixente. Posteriormente, os puntos de recollida, que na súa gran maioría son establecementos de venda de produtos agrarios e cooperativas, fan a petición de recollida a través da web de SIGFITO e un xestor trasládaos á planta de tratamento.
En 2020, recicláronse o 95,26% dos envases recollidos e valorizáronse enerxeticamente o 4,74%, o que supón que o 100% dos envases son valorizados.
Fonte e imaxe: SIGFITO