- A madurez da tecnoloxía, con modelos de alta gama que xa non introducen moitas diferenzas respecto dos de xeracións anteriores, e a maior preocupación polo coidado do medio ambiente, son as dúas principais razóns que se atopan detrás deste fenómeno
- Os teléfonos reacondicionados cobran todo o seu sentido desde o punto de vista económico, tendo en conta que as súas funcionalidades son practicamente idénticas ás dun modelo novo, pero moitas veces pódense conseguir descontos de ata o 30% ou o 40%
Cerceda, a 5 de novembro de 2024.-España experimentou un enorme aumento nas vendas de dispositivos móbiles reacondicionados durante os últimos anos. Un mercado que, ata fai ben pouco, era minoritario, conseguiu quedar cunha boa cota nun breve período de tempo.
Dúas razóns fundamentais están a impulsar este fenómeno: por unha banda, a madurez da tecnoloxía, que fai que os novos modelos de teléfonos de gama alta, xa non introduzan demasiadas diferenzas respecto dos de xeracións anteriores, o que implica que moitas veces mereza a pena aproveitar os descontos e rebaixas que se van sucedendo ao longo do ano para comprar un modelo máis antigo reacondicionado. As características serán case as mesmas, pero o prezo redúcese sensiblemente.
Doutra banda, a sostibilidade tamén inflúe e está a impulsar unha maior expansión dentro dunha ampla gama de segmentos de consumidores, tanto en contornas urbanas como suburbanas.
Por tanto, os teléfonos reacondicionados cobran todo o seu sentido desde o punto de vista económico, tendo en conta que as súas funcionalidades son practicamente idénticas ás dun modelo novo, pero moitas veces pódense conseguir descontos de ata o 30% ou o 40%.
Aparte do prezo, ofrecen unha garantía máis que suficiente. Ao pasar por un meticuloso proceso de reacondicionamento, volven ao seu estado case orixinal. Por exemplo, mediante a substitución de pezas inservibles, a actualización do software á última edición ou ao parche de seguridade aplicable, e a realización dunha proba exhaustiva para comprobar se o sistema funciona sen problemas. Por tanto, os compradores obteñen dispositivos case novos.
Os expertos sinalan que, ao chegar ao límite do que a tecnoloxía móbil pode ofrecer, a necesidade de opcións reacondicionadas non fará senón aumentar, impulsada, ademais, pola crecente demanda de produtos respectuosos coa contorna.
Fonte: IndustriAmbiente
Imaxe: Pixabay