- O lixo convencional recepcionado nas instalacións desta empresa pública descendeu das 800.802 toneladas de 2019 ás 795.052 toneladas de 2020.
- A maior caída tivo lugar nas seis grandes cidades adscritas ao modelo Sogama, con case 15.000 toneladas menos, cifra que representa unha redución do 5,43%.
- Por provincias, a de Lugo é a que lidera a diminución de residuos, cun -1,47%.
- Pola súa banda, a contribución á reciclaxe da bolsa amarela subiu, de forma global, en case un 13%.
Cerceda, a 18 de xaneiro de 2021.- O impacto da COVID-19 tamén se deixou notar na produción e xestión dos residuos urbanos por parte dos cidadáns. A bolsa negra (lixo convencional depositado no contedor verde) caeu un 0,72%, baixando das 800.802 toneladas de 2019 ás 795.052 toneladas de 2020.
Estes datos confirman a tendencia observada desde marzo do pasado ano, cando a pandemia irrompeu con virulencia na vida da poboación, modificando hábitos e comportamentos.
A maior caída na produción de refugallos tivo lugar nas seis grandes cidades que utilizan os servizos desta empresa pública, representando un total de 14.947,88 toneladas. Constatouse en maior medida en Santiago de Compostela, cun -10%, seguida por Vigo, cun -5,89%, Ourense, cun -5,4% e Pontevedra, cun -4,06%. Lugo, saldouse cun -3% e Ferrol, cun -1,19%. Todas moi por riba do -0,72% global do conxunto dos concellos adscritos ao sistema Sogama.
Das 275.400,61 toneladas xeradas polas seis urbes en 2019, baixouse a 260.452,78 en 2020, o que representa unha diminución do 5,43%.
Atendendo ás catro provincias, o mellor comportamento na menor produción de residuos rexistrouse na de Lugo, con -1,47%.
Dado que a prevención e a redución de residuos constitúe o primeiro elo na xestión xerarquizada que promulga a Unión Europea, para este ano que acaba de empezar, o obxectivo da compañía é aproveitar esta tendencia á baixa para incidir, desde a dimensión formativa e de concienciación social, na importancia de seguir primando o consumo responsable e a menor xeración de refugallos, sen esquecer a correcta segregación dos mesmos en orixe e posterior depósito nos contedores de recollida selectiva co fin de propiciar a súa transformación en novos produtos, conforme aos parámetros que rexen o modelo de desenvolvemento sustentando na economía circular.
Cidade |
Ano 2019 (Toneladas bolsa negra) |
Ano 2020 (Toneladas bolsa negra) |
Diferenza (Toneladas) |
Porcentaxe redución |
Santiago de Compostela
|
39.616,36 |
35.654,48 |
3.961,88 |
-10% |
Ferrol
|
23.624,95 |
23.343,32 |
281,63 |
-1,19% |
Lugo
|
37.513,79 |
36.389,90 |
1.123,89 |
-3% |
Pontevedra
|
29.478,78 |
28.282,26 |
1.196,52 |
-4,06% |
Vigo
|
109.314,65 |
102.871,08 |
6.443,57 |
-5,89% |
Ourense
|
35.852,08 |
33.911,74 |
1.940,39 |
-5,4% |
Pola súa banda, a achega á reciclaxe da bolsa amarela (envases de plástico, latas e briks introducidos no contedor amarelo) incrementouse, de forma global, nun 12,91%, subindo das 28.629,37 toneladas de 2019 ás 32.326,51toneladas de 2020. Este dato vén a avalar o firme compromiso dos 295 concellos adheridos ao modelo Sogama (máis de 2.242.000 habitantes) coa protección do medio ambiente a través dunha xestión máis sostible dos residuos.
Saúdos, Departamento de Comunicación