- Tras 3 anos de investigación, esta iniciativa demostrou que, técnicamente, é posible reciclar as caixas de peixe de EPS e transformalas en novos envases de poliestireno (PS) para aplicacións en contacto alimentario.
- E todo isto cos máis altos graos de esixencia da industria alimentaria e a EFSA.
- O proxecto abre paso a novos mercados de materiais reciclados de calidade, co conseguinte beneficio ambiental.
Cerceda, a 4 de setembro de 2020- O proxecto Life EPS-SURE culminou recentemente tras 3 anos de investigación dedicados á reciclaxe de plástico. As caixas de poliestireno expandido (EPS), coñecidas como cortiza branca, e utilizadas como envase para almacenar, transportar e presentar produtos frescos, poden transformarse, grazas a un innovador proceso de reciclado, en novos envases de PS aptos para contacto con alimentos. A iniciativa contribúe así á apertura de novos mercados de materiais reciclados de calidade, co conseguinte beneficio ambiental.
Demóstrase así a viabilidade técnica do proxecto, que abre paso a novos desenvolvementos e senta as bases para a autorización e certificación de grao alimentario para o poliestireno reciclado procedente da caixa de peixe (r-PS) por parte da axencia europea EFSA.
Así mesmo, os test sensoriais organolépticos foron superados ampliamente, non téndose detectado alteracións debido á posible presenza residual de aminas altamente odorantes que xera o peixe.
Coordinado por Cicloplast, formaron parte desta iniciativa entidades tales como Cicloplast, Anape, Coexpan, El Corte Inglés e Total Petrochemicals Ibérica.
FASES
A primeira fase do proxecto iniciouse coa recollida dos residuos das caixas de peixe de EPS nalgúns centros de El Corte Inglés, procedendo á retirada de etiquetas e lavado das mesmas para eliminar restos orgánicos.
Posteriormente, estas caixas embolsáronse e identificáronse para asegurar a súa trazabilidade e evitar así o risco de entrar en contacto con contaminantes.
Unha vez trasladadas a un centro de compactación (da empresa Saica), transformáronse en briquetas ou bloques sólidos nunha instalación específica e, desde alí, viaxaron a un centro de pretratamento.
A segunda fase iniciouse na planta recicladora de Acteco, onde se trituraron as briquetas para convertelas en copos de EPS, que foron lavados nunha solución alcalina en condicións controladas de temperatura e tempo, pasando a un proceso de secado por centrifugación e aire quente. Unha vez concluído o pretratamento, elimináronse parte dos contaminantes e aminas procedentes do peixe.
O material obtido transportouse ás instalacións de Total Petrochemicals Ibérica. Na súa planta piloto mesturáronse e fundíronse os copos pretratados de EPS con material virxe de poliestireno e sometéronse a descontaminación por exposición a temperatura e baleiro en condicións especiais, obténdose granza de r-PS (poliestireno reciclado).
Na terceira fase, esta granza de poliestireno con diferentes porcentaxes de material reciclado enviouse á planta de produción de Coexpan. As distintas mostras de material foron procesadas industrialmente para obter a lámina extruida e posteriormente os prototipos de envases termoformados con contido reciclado.
A operativa das tres fases foron evaluadas coa colaboración do centro tecnolóxico Aimplas, demostrando que os envases obtenidos de r-PS serían inocuos e seguros para o seu uso en aplicacións de contacto alimentario.