- Así se recolle na Actualización da Memoria de Sostibilidade do Papel, editada por ASPAPEL, onde se alude aos produtos xerados por esta industria, que se reciclan de forma masiva, o emprego de materias primas renovables e locais, a valorización dos residuos do proceso industrial e a utilización eficiente da auga e a enerxía.
Cerceda, a 22 de xuño de 2020.-Tal e como se recolle na Actualización da Memoria de Sostibilidade do Papel, editada por ASPAPEL, a bioindustria da celulosa e o papel en España fai efectivo o seu compromiso coa economía circular e a descarbonización a través de produtos que se reciclan de forma masiva, o emprego de materias primas renovables e locais, a valorización dos residuos do proceso industrial e a utilización eficiente da auga e a enerxía.
Cabe reseñar que o 71% da materia prima empregada pola industria papeleira española é fibra reciclada e o 29% fibra virxe de madeira procedente de plantacións e maioritariamente certificada.
Os bioprodutos papeleiros, caracterizados por ser naturais, renovables, reciclables, masivamente reciclados, biodegradables e baixos en carbono, están substituíndo en numerosas aplicacións a outros materiais que non reúnen estes atributos medioambientais demandados polo consumidor responsable do século XXI.
RECICLAXE NA SÚA MÁXIMA EXPRESIÓN
Unha vez utilizados, os produtos papeleiros recóllense para reciclar a través de dúas vías: a recollida selectiva municipal (contedor azul, porta a porta comercial e puntos limpos) e a recollida que realizan operadores privados en grandes superficies de distribución, industrias, imprentas…Desta forma, recolléronse en 2019, para a súa reciclaxe, 4.417.500 toneladas de papel e cartón, o que equivalería a 44 grandes estadios de fútbol cheos ata arriba de papel e cartón. A taxa de recollida (é dicir, papel que se recolle para reciclar en porcentaxe sobre o consumo total de papel) é do 64,3%.
Pola súa banda, as fábricas papeleiras españolas reciclaron o pasado ano 5.152.100 toneladas de papel usado, un 5,3% máis que o anterior. A taxa de reciclaxe neste caso (papel que se recicla como materia prima nas fábricas papeleiras sobre o consumo total de papel e cartón) sitúase no 75%, catro puntos por riba de 2018.
Somos o terceiro país máis reciclador da UE en volume, superados só por Alemaña e Francia, e prácticamente empatados con Italia.
A industria papeleira española, grazas a esta gran capacidade recicladora, garante a reciclaxe en España de todo o papel e cartón recollido selectivamente e que cumpra cos estándares europeos de calidade, é dicir, coa norma europea UNE-EN 643.
O 79% dos residuos de fabricación convértense de novo en recursos no uso directo agrícola ou como compost, reciclados como materia prima noutras industrias ou ben vía valorización enerxética na propia fábrica ou noutras industrias, nun perfecto exemplo de simbiose industrial.
AUTOSUFICIENCIA ENERXÉTICA
O sector papeleiro é líder en produción e utilización de enerxía renovable procedente de biomasa e conseguiu desacoplar o consumo de auga do volume de produción. É unha industria electro-intensiva e gas-intensiva, que lidera a descarbonización da industria, comprometida co reto de alcanzar, en 2050, a neutralidadr climática en Europa.
As fábricas do sector producen a meirande parte da enerxía que utilizan en eficientes plantas de coxeración situadas á beira das fábricas con 1.086 megavatios de potencia instalada. Estas plantas producen á vez electricidade e calor útil para o proceso papeleiro, co conseguinte aforro de combustibles e redución de emisións.
Fonte: ASPAPEL
Imaxe: Pixabay