- O equipo de investigación de KAUST asegura que “o PET é mecánica e quimicamente robusto, o que o fai útil para os procesos de filtración e purificación que requiren esterilización ou limpeza con acedos ou lixivia".
- En 2016, a produción mundial de PET alcanzou os 50 millóns de toneladas, cantidade que representa aproximadamente o 9% da produción total de plástico
- En torno ao 30% de PET úsase na industria alimentaria e, polo xeral, este material recíclase en produtos de menor valor. Transformalo en membranas de filtración de maior valor podería proporcionar un forte incentivo económico para mellorar as taxas de reciclaxe.
Cerceda, a 7 de novembro de 2019.- Os investigadores de KAUST viñeron estudando a forma de converter as botellas plásticas de PET (Polietileno Tereftalato) en membranas porosas que poderían usarse como filtros moleculares na industria química.
Indican que, en torno ao 40% da enerxía consumida na industria química destínase a separar e purificar produtos químicos en procesos intensivos como a destilación e a cristalización. Neste contexto, o uso de membranas porosas para separar moléculas de líquidos podería reducir drasticamente o consumo enerxético. Con todo, a maioría das membranas convencionais non son o suficientemente robustas como para soportar o tipo de solventes utilizados na industria, e as membranas cerámicas alternativas adoitan ser moi caras.
O equipo de KAUST asegura que “o PET é mecánica e quimicamente robusto, o que o fai útil para os procesos de filtración e purificación que requiren esterilización ou limpeza con acedos ou lixivia".
En 2016, a produción mundial de PET alcanzou os 50 millóns de toneladas, cantidade que representa aproximadamente o 9% da produción total de plástico. En torno ao 30% de PET úsase na industria alimentaria, incluídas as botellas de plástico dun só uso. Polo xeral, este material recíclase en produtos de menor valor, como teas para roupa. Transformalo en membranas de filtración de maior valor podería proporcionar un forte incentivo económico para mellorar as taxas de reciclaxe.
Para crear as membranas, as investigacións disolveron o PET e logo utilizaron un solvente diferente para volver a solidificalo, esta vez en forma de membrana en lugar dunha botella.
O equipo probou unha ampla gama de diferentes condicións de procesamento e solventes, e usou un aditivo chamado poli (etilenglicol) (PEG) para axudar a formar poros dentro das membranas de PET. Cambiar a concentración e o tamaño das moléculas de PEG axudou a controlar o número e o tamaño dos poros dentro da membrana, e así axustar as súas propiedades de filtración.
Logo de optimizar este proceso, mediuse a facilidade coa que fluía o líquido a través das membranas e a correcta separación de moléculas de diferentes tamaños. As mellores membranas tiñan tamaños de poro que oscilaban entre 35 e 100 nanómetros de ancho, con poros que cubrían ata o 10% da área da membrana, soportando ben os 100 grados centígrados.
Un dos representantes do equipo de investigación manifestou que as membranas poderían usarse como soporte para capas delgadas doutros materiais de filtración, como os que se atopan nas membranas de osmose inversa.
Fonte: Kaust Discovery
Imaxe: Pixabay
Saúdos, Departamento de Comunicación