- No mundo empréganse cada ano, nin máis nin menos, que 50.000 millóns de toneladas de area, o que equivale a un muro de 35 metros de alto e 35 de ancho ao redor do ecuador.
- Na súa meirande parte, destínase á produción de cemento para concreto, usándose tamén para rexenerar praias e estender territorios.
- Actualmente, estase a ensaiar e a analizar o uso de materiais alternativos tales como plástico reciclado, terra, bambú, madeira, palla e outros para substituír a area na construción de estradas e edificios.
- ONU Medio Ambiente e GRID traballan coa Universidade de Xenebra para incrementar a conciencia ao respecto e atopar alternativas sostibles.
Cerceda, a 29 de xaneiro de 2019.- Tras o aire e a auga , a area é o recurso máis utilizado do planeta, destinándose na súa meirande parte á produción de cemento para concreto (que está feito de cemento, auga, area e grava). De feito, o cemento é o material de construción máis utilizado e, segundo un recente informe de Chatham House, fonte do 8% da emisións de CO2.
No mundo utilízanse cada ano, nin máis nin menos, que 50.000 millóns de toneladas de area, o que equivale a un muro de 35 metros de alto e 35 de ancho ao redor do ecuador.
Pero a area tamén se usa para rexenerar praias e estender territorios, procedendo, neste caso, do fondo do océano, ríos e praias, ecosistemas moi fráxiles que requiren dunha extracción axeitada para evitar un negativo impacto ambiental sobre os mesmos.
Ante un recurso que é utilizado por todos, o director de GRID-Xenebra en ONU Medio Ambiente, Pascal Peduzzi, asegura que “non queremos deter o sector, senón traballar en solucións sostibles con todos os actores interesados”.
Actualmente, estanse investigando solucións innovadoras para substituír a area na construción de estradas e edificios. Ensáiase a utilización de materiais alternativos tales como plástico reciclado, terra, bambú, madeira, palla e outros. Ao parecer, a clave reside en mesturar outros compoñentes co concreto para darlle á mestura a estabilidade necesaria para construír.
Varios países xa están levando a cabo experiencias con estradas feitas con compostos de plásticos. A primeira ciclovía elaborada na súa totalidade con plástico reciclado abriuse en setembro do pasado ano en Zwolle , Países Baixos.
Considérase que os camiños de plástico son tres veces máis duradeiros que os tradicionais de asfalto. Non obstante, aínda se atopan en fase de proba debido a que a súa durabilidade e impacto ambiental deben analizarse en profundidade, pois témese que pequenas partículas de plástico poidan filtrarse eventualmente ao solo e á auga a causa da calor, o desgaste e o escurrimento
ONU Medio Ambiente e GRID traballan coa Universidade de Xenebra para incrementar a conciencia ao respecto e atopar alternativas sostibles.
Fonte: ONU Medio Ambiente
Imaxe: Pixabay
Saúdos, Departamento de Comunicación