- Esta é unha das conclusións da quinta edición de‘1 m2 polos ríos, lagos e encoros’, convocada polo Proxecto LIBERA
- As recollidas dos residuos abandonados tiveron lugar en 370 puntos de todo o país, e lográronse caracterizar un total de 6 toneladas.
Cerceda, a 23 de marzo de 2022.- No marco da quinta edición do Proxecto Libera ‘1 m2 polos ríos, lagos e encoros’, que se desenvolveu entre o 12 e o 20 de marzo, e na que participaron máis de 5.800 persoas, caracterizáronse 6 toneladas de residuos abandonados en 370 puntos en todo o país (32 máis que o ano anterior) co obxectivo de dispoñer de máis información e xerar coñecemento que permita atopar solucións a este problema ambiental.
Entre os refugallos máis atopados nas contornas fluviais destacan, en primeiro lugar, as cabichas, seguidas das latas de bebida e as bolsas, envoltorios e paus de chucherías. Ademais, recolléronse e caracterizáronse 372 residuos COVID, un incremento notable con respecto ao ano pasado, cando se detectaron 48.
A campaña contou coa implicación de todos os sectores da sociedade, coa participación de concellos, que crearon 96 puntos; empresas (21 puntos), administracións públicas (16 puntos), centros educativos (53 puntos), asociacións locais e colectivos de diferente tipo (144 puntos), e alianzas do Proxecto LIBERA como Cruz Vermella Española, a Fundación Oso Pardo, a Organización Xuvenil Española ou Promemar, que organizaron 52 puntos.
Estes colectivos empregaron a app móbil ‘ eLitter’, unha ferramenta de traballo pioneira na caracterización de basuraleza, desenvolvida polas asociacións Paisaxe Limpo e Vertidos Cero, en colaboración con LIBERA. Os datos obtidos integraranse na base de datos do MITECO e sumaranse aos obxectos xa caracterizados que LIBERA recompila no seu “Barómetro da Basuraleza”.
Fonte e imaxe: Ecoembes